Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xavier Castiñeira, candidato popular para Foz no 2023

Xavier Castiñeira, candidato popular para Foz no 2023

O PP focense amosa a súa intención de recuperar a alcaldía en maio

G24.gal 10/12/2022 21:26 Última actualización 10/12/2022 21:37

Este mediodía a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e a presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia, presentaron o candidato dos populares á alcaldía de Foz, Xavier Castiñeira, un veciño que, ademais de ser o voceiro popular no Concello e na Deputación de Lugo, xa fora alcalde da vila entre o 2011 e o 2019.

No seu discurso, Castiñeira defendeu que o grupo popular é o máis preparado para facer de Foz un concello de futuro.

No mesmo acto tamén lle renderon homenaxe a Pedro Fernández Manín, un exconcelleiro focense que xa faleceu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade