Cargando resultados...
Xermade acolle unha nova edición do encontro internacional de torneiros
Xermade acolle unha nova edición do encontro internacional de torneiros
Expóñense máis de 700 obras de artesanía en madeira realizadas co torno
Os asistentes poden ver como traballan os grandes mestres
G24.gal
16/09/2023 19:51
Última actualización 16/09/2023 20:12
Máis de 700 pezas elaboradas por mestres da torneadura expóñense no pavillón de Xermade nunha nova edición do encontro internacional de torneiros. Este ano pódese presenciar o seu traballo in situ.
O oficio de torneiro evolucionou cara á artesanía. Perdéronse membros pero o traballo saíu gañando, á vista das pezas que se elaboran.
Tal é o impacto deste evento que veñen representantes de toda Europa e mesmo de América, incluso un súbdito británico de 96 anos que nunca perde esta cita.
A tornería compite agora coas impresoras 3D pero os torneiros din que a súa irmandade garante o futuro.