Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xibraltar agarda extraer hoxe o fuel dun dos tanques do buque accidentado

Xibraltar agarda extraer hoxe o fuel dun dos tanques do buque accidentado

Queda outro depósito con capacidade para 126 toneladas

G24.gal 03/09/2022 12:17

Os traballos de extracción de fuel óleo pesado das adegas do "VOS 35", o buque que transportaba gran e que bateu o luns pasado co gaseiro "ADAM LNG" na baía de Alxeciras, continuaron durante toda a noite.

O bombeo comezou este venres, despois de que as autoridades lograran baleirar 250 toneladas do gasóleo que transportaba.

O Goberno de Xibraltar agarda extraer este sábado toda a carga contaminante que queda aloxada no tanque 2, onde había un total de 96 toneladas. Aínda queda outro depósito con capacidade para 126.

Un investigador independente, do Reino Unido, xa traballa no terreo para tentar determinar as causas e as circunstancias do sinistro. O obxectivo é analizar cuestións de seguridade e formular recomendacións para tentar evitar futuros accidentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade