Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ximnasia terapeútica no balneario de Cortegada

Ximnasia terapeútica no balneario de Cortegada

A actividade forma parte dun programa do concello de Carballeda de Avia para favorecer o benestar físico e psicolóxico

Pola pandemia as persoas maiores víronse moi afectadas emocionalmente

G24.gal 09/03/2022 20:05

No balneario de Cortegada están a facer dúas veces á semana ximnasia na auga termal os participantes dun programa do concello de Carballeda de Avia para recuperar o benestar físico e emocional despois de dous duros anos de pandemia.

E despois do exercicios que favorecen a mobilidade e a coordinación, toca relaxarse na auga mineromedicinal do balneario de Cortegada que mana a 44 graos.

Esta actividade forma parte do programa Mímate do concello de Carballeda de Avia para favorecer o benestar físico e mental das persoas maiores moi afectadas pola pandemia. Inclúe tamén obradoiros de desenvolvemento persoal e autocoidado.

Unha cura despois de dous anos complicados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar