Cargando resultados...
Máis de 450 detidos na última xornada de protestas contra a reforma das pensións en Francia
Máis de 450 detidos na última xornada de protestas contra a reforma das pensións en Francia
Os disturbios deixaron 441 axentes feridos
Os sindicatos convocan nova folga para o martes 28
Un millón de persoas participou nas 240 manifestacións por toda Francia
G24.gal
24/03/2023 08:01
Última actualización 24/03/2023 10:44
Xoves negro en Francia con protestas masivas e paros contra a reforma das pensións por todo o país. Máis de 240 manifestacións percorreron París e as principais cidades na novena xornada de folga xeral. Segundo cifras oficiais, participaron máis dun millón de persoas.
Houbo altercados coa policía tanto na capital coma en Marsella, Toulousse e Lión, que remataron con 457 detencións que levaron a cabo as forzas da orde, entre os que houbo 441 axentes feridos. A pesar da presión nas rúas, o presidente Macron non se mostra disposto a ceder.
Os sindicatos convocaron unha nova xornada de manifestacións, a décima, para o vindeiro martes 28.