Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xornada de frío invernal no interior de Galicia

Xornada de frío invernal no interior de Galicia

En Calvos de Randín chegaron a estar a -6,6 ºC

A xeada cubriu Lugo e Ourense

G24.gal 03/12/2022 19:49 Última actualización 03/12/2022 20:04

Día de inverno crú no interior de Galicia. En numerosos concellos de Lugo e Ourense o termómetro baixou considerablemente dos cero graos. A peor parte levárona en Calvos de Randín onde a temperatura caeu ata os 6,6 baixo cero. Un tempo que invita a quedar na casa.

Con estas temperaturas, o chan amenceu xeado en case todo o interior. Un frío e unha xeada que aínda se fixeron menos tolerables por causa da intensa néboa que nalgunhas zonas non levantou ata ben entrada a mañá. É o que toca...

E para o domingo toca volverse abrigar porque os termómetros non van subir. Prepárense, pois, para outra noite e madrugada de frío extremo en todo o interior galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade