Publicador de contidos
Publicador de contidos

Francia celebra este domingo a segunda volta das lexislativas, coa ultradereita sen maioría absoluta nas sondaxes

Francia celebra este domingo a segunda volta das lexislativas, coa ultradereita sen maioría absoluta nas sondaxes

O partido de Marine Le Pen segue sendo favorito, pero sen maioría absoluta

O cordón sanitario contra a ultradereita aumenta a incerteza sobre o futuro goberno

G24.gal 06/07/2024 14:22 Última actualización 06/07/2024 14:44

Francia celebra a segunda volta das eleccións lexislativas este domingo. Tras unha semana de alianzas e movementos estratéxicos para evitar que o ultradereitista Reagrupamento Nacional poida formar goberno, todo parece indicar que o partido de Marine Le Pen vai ter moi complicado conseguir a maioría absoluta.

O partido de Marine Le Pen encabezou a primeira volta das eleccións parlamentarias cun terzo dos votos e abriu así a posibilidade de que a extrema dereita chegase ao goberno francés por primeira vez desde a Segunda Guerra Mundial.

Pero na semana que separa as dúas voltas destes comicios houbo cambios significativos. O principal, ese cordón sanitario pactado pola esquerda e o centrista partido do presidente Macron que supuxo a retirada de 200 candidatos para concentrar o voto nos aspirantes con posibilidades de gañarlle ao candidato de Reagrupamenteo Nacional.

Agora, a maioría das enquisas apuntan á vitoria do partido de Le Pen pero sen maioría absoluta. E sen maiorías claras, o presidente Macron pode nomear un primeiro ministro do partido con máis votos ou formar un goberno de coalición coa Fronte Popular e os Republicanos.

Macron xa advertiu reiteradamente que non pactará cunha parte desa Fronte Popular, a da Francia Insubmisa de Mélenchon.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade