Xornadas sobre o programa 'Coñecendo as emocións' de Afundación
Xornadas sobre o programa 'Coñecendo as emocións' de Afundación
Está pensado especificamente para maiores de 60, para axudalos a afrontar os retos desa etapa vital
Realizadas 3 edicións de talleres 'Coñecendo as emocións', Afundación fixo unha avaliación para medir o seu impacto nos participantes. Dado o éxito do programa, dicidiron compartir a súa metodoloxía e invitar outras entidades a adherirse a el.
"O que imos facer nesta xornada é compartir as aprendizaxes que levamos neste percorrido con outras entidades e invitalas a que implanten tamén o programa", di Sabela Couceiro, a coordinadora da área de maiores de Afundación.
O programa está pensado especificamente para maiores de 60, para axudalos a afrontar os retos desa etapa vital como a xubilación, as perdas, ou os coidados de maiores e netos. Trátase de axudarlles a recoñecer as emocións que senten para que afronten mellor o seu día a día.
Eva, Margarita e María Dolores participaron no programa en Ourense.
"Para descubrir emocións de cousas moi sinxelas que me pasaban desapercibidas e que agora as desfruto plenamente", conta Eva Boán.
"Todos pensamos nas emocións negativas e realmente perdemos moitas emocións boas, simxelas, que temos cada día que deixamos pasar, dámolas por feitas", conta Margarita Alonso.
E María Dolores Álvarez traballou na súa ira.
"Tratar de xestionala, non saír como antes coma unha tola a berrar e rifar. Calo, xestiono e despois xa falo".
Pois haberá que probar.