Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tino Santiago xubílase tras 38 anos na CRTVG

Tino Santiago xubílase tras 38 anos na CRTVG

Ao longo de case catro décadas destacan na súa traxectoria os programas de debate e entrevistas

O seu último traballo é o especial dedicado a Francisco Fernández del Riego con motivo das Letras Galegas

O xornalista dedicou boa parte da súa carreira a programa de entrevistas e debate O xornalista dedicou boa parte da súa carreira a programa de entrevistas e debate
G24.gal 20/04/2023 11:22

O noso compañeiro Tino Santiago xubílase despois de 38 anos de traballo na CRTVG. Foi dos que puxeron a andar esta casa e na súa traxectoria destacaron os programas de entrevistas e de debate, como poden ser A chave. Ducias de convidados conversaron con el no espazo matinal da TVG. 

A súa carreira profesional desenvolveuse tanto na Radio Galega como na Televisión de Galicia, diante e detrás dos micrófonos. O seu traballo abrangue contidos moi diversos. Foi o responsable da retransmisión da visita do papa Bieito XVI a Santiago no 2010 e tamén editor e director de programas culturais, de entretemento e de informativos, coma o Bos Días.

Despídese da CRTVG co especial das Letras Galegas, en que revisa a vida e obra de Francisco Fernández del Riego.    

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar