Publicador de contidos
Publicador de contidos

A acusada de intentar asfixiar a súa nai en Cee nega que intentase matala

A acusada de intentar asfixiar a súa nai en Cee nega que intentase matala

A investigada enfróntase a unha pena de sete anos e medio de cadea

G24.gal 27/09/2022 14:17

A acusada declarouse inocente. Contou que o día de autos escoitou como a súa nai lle dicía por teléfono á súa cuñada que ela non facía nada, que non traballaba e que só comía. Como era mentira, dixo, foi ao seu cuarto e quitoulle o dispositivo.

Explicou que daquela ambas as dúas caeran na cama. Asegurou que non lle tocou e negou que intentara asfixiala cun coxín. Tamén terlle golpeado ao seu pai, tetrapléxico, pouco despois. Só admitiu que lle lanzou roupa para taparlle a cara porque a estaba a insultar.

Engadiu que naquel momento el desmaiouse e que ela foi quen o reanimou dándolle palmadas na cara, non sopapos.

Rematou a súa declaración asegurando que a súa proxenitora a viña ameazando desde hai tempo e que lle ía preparar unha boa para enviala a Teixeiro. Dixo tamén que lle tiña moito medo e que, desde que naceu, a relación cos seus pais nunca fora boa.

Unha versión ben distinta á que deu a suposta vítima. Por videoconferencia desde o xulgado de Corcubión declarou, entre bágoas, que non tiña ningunha dúbida de que a súa filla quería afogala e matala, malia que non lle manifestou a súa intención.

Seu pai acolleuse ao seu dereito a non declarar.

A investigada, que sofre un trastorno psíquico, está acusada dun delito de homicidio en grao de tentativa e doutro de maltrato no ámbito do fogar.

A Fiscalía pide para ela un total de sete anos e medio de cadea. O xuízo quedou xa visto para sentenza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade