Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xuventude Galicia Net R Encouter, cita para amantes dos mundos virtuais

Xuventude Galicia Net R Encouter, cita para amantes dos mundos virtuais

Desenvólvese no recinto feiral de Silleda desde o venres ata o domingo

Preto de 800 participantes intercambian experiencias arredor das novas tecnoloxías

Participante na XGN R Encounter no recinto feiral de Silleda
G24.gal 08/10/2022 21:58 Última actualización 09/10/2022 11:35

Continúa o Xuventude Galicia Net R Encounter, un encontro en que os programadores, creadores artísticos e gamers saen do espazo virtual para convivir fisicamente durante a fin de semana no recinto feiral de Silleda

Cascos, rato, mandos, pantalla grande, un ordenador potente e provisións por se a partida ou o deseño dura máis do previsto. É o equipamento básico da zona intranet, exclusiva para inscritos, que desde o venres foron desenvolvendo as súas habilidades dixitais.

"Pouco a pouca a xente xa presentou os traballos que se verán esta noite. Estanse desenvolvendo tamén as competicións de videoxogos, e durante esta noite e mañá pola mañá faremos a entrega de premios", detalla Sabino San Vicente, coordinador de R da XGN R Encounter. 

Pero a que van todos estes participantes que desde o seu propio cuarto poden competir entre eles a calquera hora?

"Realmente é un encontro social. Cada un vén a demostrar as súas habilidades pero fundamentalmente veñen a coñecer xente nova e xente que xa coñecen de Internet e á que aquí poñen cara". 

Queda aínda esa necesidade física de saberen que existen tamén na realidade tanxible, sen deixar de ter novas experiencias virtuais como as da realidade virtual.

"A realidade virtual agora está no momento en que estaba o cine cando viamos aquel tren que nos asustaba na pantalla a principios do século XX. Agora estamos aí. Funciona, é viable, hai experiencias e xogos interesantes e diferentes usos pedagóxicos e industriais que van saíndo adiante pero aínda falta un empurrón tecnolóxico para que cheguen ao público de forma máis masiva", asegura Nacho Junquera, responsable de Wuautech.

Á velocidade á que van as novas tecnoloxías veremos xa os avances na próxima edición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade