Cargando resultados...
Yolanda Díaz deixa en mans de Sumar Euskadi o posible acordo con Podemos
Yolanda Díaz deixa en mans de Sumar Euskadi o posible acordo con Podemos
As dúas formacións manteñen negociacións ante a posibilidade de acudir en coalición ás eleccións vascas
G24.gal
15/12/2023 14:04
En Euskadi, Sumar e Podemos seguen negociando a posibilidade de presentar unha candidatura conxunta nas próximas eleccións vascas. Polo momento aínda non está tomada a decisión.
Yolanda Díaz insiste en que Sumar Euskadi é libre para decidir: "Non vou cometer o erro de dicir dende outro lugar que teñen que facer os vascos e as vascas. Correspóndelles aos compañeiros e compañeiras de Sumar Euskadi deseñar o proceso que estimen".