Yolanda Díaz volve amosar o seu desacordo coa última partida militar aprobada polo Goberno
Yolanda Díaz volve amosar o seu desacordo coa última partida militar aprobada polo Goberno
Este martes tamén houbo debate no Congreso á conta do gasto en defensa
A líder de Sumar e vicepresidenta segunda volveu mostrar o seu desacordo coa última partida militar aprobada polo Goberno, de 1.230 millóns de euros. "Non compartimos o incremento no gasto militar e así está suscitado no acordo de Goberno", respondía Yolanda Díaz a unha pregunta formulada polo PP.
Tras escoitar a súa protesta, o Partido Popular aconselloulle que abandonara o Goberno. Para Cuca Gamarra, a "incoherencia" de Díaz é "evidente". "Ten dúas opcións: ou dimite como vicepresidenta dese goberno, ou pasa ao PSOE", díxolle a secretaria xeral dos populares.
O PSOE, con Margarita Robles á fronte, defende este gasto militar. Para a ministra, "investir en defensa é investir en paz, en seguridade, en liberdade, é crear postos de traballo: máis de 217.000 postos de traballo estanse creando en España como consecuencia das actuacións da industria de defensa".