Publicador de contidos
Publicador de contidos

Zapatero pide mobilizarse en apoio a Sánchez e os seus socios avogan pola continuidade

Zapatero pide mobilizarse en apoio a Sánchez e os seus socios avogan pola continuidade

PSOE e Goberno negan estratexía política e pídelle ao presidente do Goberno que non renuncie

Sumar fala dun ataque á democracia e ás institucións

O expresidente Zapatero pide á militancia que pase á acción
G24.gal 25/04/2024 14:24 Última actualización 25/04/2024 15:09

Nin no PSOE nin no Goberno se atreven a predicir que vai anunciar o luns Pedro Sánchez. Pero pechan filas e pídenlle que siga. Esta noite pasada reuniu na Moncloa o seu gabinete. Analizaron a situación e desde entón, respecto. 

Nin a vicepresidenta primeira, María Jesús Montero, nin o resto dos ministros próximos, coñecían a intención de publicar esa carta. Unha carta que escribiu de puño e letra e que publicou rede social X, antiga Twitter. Nesa carta, Pedro Sánchez declárase profundamente namorado da súa muller e séntese vítima dunha operación de acoso e derruba sen precedentes

Os socialistas sosteñen que se trata dunha decisión estritamente persoal e negan calquera estratexia política.

A denuncia contra a súa muller foi a gota que fixo rebordar o vaso. Os seus compañeiros confirman que levaba tempo tocado. Manos Limpias admite agora que a súa denuncia contra Begoña Gómez pode basearse en noticias falsas

Os socialistas arremeten contra a posición do Partido Popular. E os seus socios de Goberno denuncian acoso á democracia as institucións. O expresidente Zapatero chama a militancia a mobilizarse para que a "democracia do respecto se impoña á democracia do odio".

Os partidos que apoian o Goberno no Congreso están tamén en ascuas nesta pausa de cinco días, un tempo que ao PNV lle parece excesivo e mételle présa ao presidente. "Entendendo a súa dor, a súa necesidade de calmar o ánimo, creo que isto pode facerse antes", di o presidente do PNV, Andoni Ortuzar.

Obrigados a unha espera en que xa barallan opcións se Pedro Sánchez decide abandonar. "Primeiro habería que ver quen é o candidato ou a candidata, pero, dende logo, nós non imos darlle paso á dereita. En calquera caso, é especular, porque eu non descarto que Sánchez siga", afirmaba Arnaldo Otegi, coordinador xeral de EH Bildu.

Tampouco os socios cataláns entenderían a retirada de Sánchez. "Polas publicacións dunha organización filofascista como Manos Limpias, creo que non convén marchar, sería un mal exemplo", di Gabriel Rufián, voceiro de ERC no Congreso.

Apoio a Sánchez tamén dende Podemos, que aproveita para pedir cambios na política do Goberno. "Merece a pena, hai que pelexar e temos que seguir adiante, pero non así", asegura a secretaria xeral dos morados, Ione Belarra.

O BNG tamén avoga pola continuidade. "A nosa vontade de que o acordo de investidura se cumpra, e para iso, é lóxico que a lexislatura continúe", sostén Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade