A Feira de Santos, un mercado moi valorado polos amantes dos produtos caseiros

O que domina na Feira son os as carnes e os embutidos de porco

Tamén hai unha oferta variada de queixos, mel e froitos de temporada 

Algúns vendedores din que os avisos de mal tempo mermaron a asistencia de público

 

G24.gal 01/11/2023 15:17 Última actualización 01/11/2023 15:50

Os amantes dos produtos caseiros valoran a gran oferta gastronómica que se pode atopar cada un de novembro na Feira de Monterroso.

Amáis dos produtos á venda o outro gran protagonista da xornada foi o tempo. Aínda que pola mañá o vento e a chuvia non se deixaron notar moito, algúns vendedores consideraban que a concorrencia de compradores non foi a mesma de sempre, porque os avisos temporal non animaban a saír da casa. 

Con todo o pavillón do mercado estivo animado. Cada quen buscaba o seu manxar favorito entre o variado surtido de froitos, queixos e, sobre todo, carnes e embutidos de porco. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar