A Policía Local de Vigo corta os accesos ao centro da cidade para evitar atascos
A Policía Local de Vigo corta os accesos ao centro da cidade para evitar atascos
Houbo retencións a primeira hora da tarde nas entradas e saídas da autoestrada
Milleiros de persoas acoden ver as luces de Nadal
Os atascos empezaron a primeira hora da tarde nos principais accesos á cidade, especialmente nas entradas e saídas da autoestrada.
As retencións foron chegando ao centro de Vigo, colapsando por momentos as rúas García Barbón e Policarpo Sanz e o acceso á Gran Vía desde a Praza de España.
A Policía Local puxo en marcha un dispositivo para tratar de desconxestionar o perímetro onde sitúan as atraccións e os adornos de Nadal. Só se permitía a entrada a residentes, transporte público e aos accesos aos aparcadoiros.
A chuvia da tarde non axudou. A ponte festiva trouxo ata Vigo turistas de todas partes de Galicia e do resto de España. Pero sobre todo, cidadáns portugueses que, aproveitando a xornada festiva, cruzaron a fronteira para ver as luces de Nadal.