Rebordamentos de ríos e ata un tornado: Galicia intenta recuperarse dun temporal na véspera doutro
Rebordamentos de ríos e ata un tornado: Galicia intenta recuperarse dun temporal na véspera doutro
A Xunta mantén activado o plan de seguimento do nivel dos ríos ante novos rebordamentos
A provincia máis afectada polas enchentes foi a de Pontevedra, aínda que no norte tampouco libraron
Foi unha das consecuencias deste último temporal que por sorte non deixou feridos. O teito do garaxe, por mor dun remolino, levantouse e saiu voando, Cando caeu acabou bloquedando unha vía que hai fronte á casa.
Onte chouveu a cachón e a previón apunta a que novo cara a tarde volverán intensificarse as chuvias e, por iso, a Xunta mantén activado o plan de seguimento do nivel dos ríos ante novos rebordamentos. A provincia máis afectada polas enchentes foi a de Pontevedra, aínda que no norte tampouco libraron.
Os operarios traballan arreo para recuperar a normalidade en Narón
En Narón, vinte horas despois aínda seguía correndo a auga pola estrada de San Xiao. Unha situación que, a primeira hora da mañá, dificultou a apertura dalgún negocio. "Cando cheguei ás nove isto todo estaba instransitable", comenta un comerciante.
E os operarios continuaban traballando arreo nunha zona convertida en lameira para recuperar canto antes a normalidade."Estamos agora cambiando os tubos, formigonar e xa queda amañado", explica un traballador.
Son as consecuencias do asolagamento que sufriron polas intensas chuvias deste xoves. "O de onte foi moito. A auga subía as beirarrúas e a auga baixaba como se fose un río".
Houbo tamén complicacións ás portas do C.E.I.P. Ponte de Xuvia. "Os nenos xa non puideron saír pola porta principal. E houbo pais que nin puideron coller os coches". "E os nenos que conseguían subir os coches dos pais, acababan todos mollados".
Unha situación que, segundo contan, se repite con cada temporal. Así que, para non ter que sumar unha máis, esixen medidas.
Mellora a situación nos ríos da provincia de Ourense, pero mantense a vixilancia
O río Arnoia é o que máis problemas deu estes últimos días na conca Miño-Sil. Rebordou en Baños de Molgas e aquí, na Arnoia, onde segue baixando cun caudal de 40 metros cúbicos por segundo, fronte aos 5 habituais. Onte chegou aos 160.
O nivel baixou xa máis dun metro e deixa ao descuberto os danos que se repiten ano tras ano na área recreativa do Inquiau, ocasionados sobre todo pola leña que arrastra o río.
"Non limpan o río arriba e veñen tantos troncos altos, grandes, que rompen a ponte e levan todo á rastro", sinala unha veciña.
A Xunta mantén activo o Plan Inungal de seguimento do nivel dos ríos, porque, malia a tregua de hoxe, segue habendo previsión de chuvia e a situación pode empeorar. O Avia xa estivo en nivel de activación, cunha enchente de case un metro en Ribadavia.
Mañá, coma no resto de Galicia, volve a Ourense o aviso amarelo por chuvia.
Os danos polas enchentes aínda son visibles na provincia de Pontevedra
En lugares como Gondomar, os veciños máis próximos ao curso do río aínda seguen en tensión porque os danos provocados polas enchentes das últimas horas aínda son visibles.
De pouco serven as barreiras, porque cando a auga desborda o río Miñor asolaga todo.
Tampouco se libra dos estragos a vila de Cambados, e pouco a pouco vai recuperando a normalidade.
E no norte da comunidade, tampouco se libran dos efectos da intensa choiva. En Narón, por exemplo, vinte horas despois aínda seguía correndo auga por esta estrada
Temen que os problemas poidan repetirse, porque a inestabilidade vai seguir marcando estes próximos días.