Cumprir coa tradición a pesar dos anos ou a distancia

As empresas que se dedican a limpar sepulturas por encargo teñen cada vez máis demanda

Manuel Mosquera limpando unha sepultura en Barbadás
G24.gal 30/10/2023 20:33 Última actualización 30/10/2023 21:01

Manuel Mosquera ten unha funeraria en Ourense. Vai para doce anos que decidiu ampliar o negocio dedicándose á limpeza de sepulturas. O motivo foi a demanda deste servizo por parte de moitos dos seus clientes, sobre todo xente maior que xa non dá feito o traballo ou familias que viven fóra e non poder vir nesta época do ano.

Neste momento levan o mantemento semanal de 300 sepulturas na cidade e arredores. Ademais, nestas datas atenden uns 80 encargos a maiores. A pesar de que o teléfono segue a soar, xa non aceptan máis solicitudes dende unha semana antes da celebración de Todos os Santos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar