Ferida grave unha nena tras ser atacada por un can en Fornelos de Montes

A menor, de 5 anos, está ingresada no hospital Álvaro Cunqueiro

A Garda Civil investiga o dono do can por un posible delito de lesións

G24.gal 30/10/2023 21:31 Última actualización 31/10/2023 14:12

Unha nena de 5 anos quedou ferida grave tras ser atacada por un can no lugar do Ceo, en Fornelos de Montes. Segundo informaron fontes do 112 Galicia, os feitos ocorreron na tarde deste domingo.

Sucedeu nunha vivenda, que é propiedade da familia da pequena pero que está alugada. A nena, acompañada da súa nai, entrou na casa dos veciños dos seus avós. Abríronlles a porta sen percartarse de que o can estaba solto. O animal saltou sobre a pequena, que caeu ao chan.

Levou un golpe na cabeza, feridas na cara e unha trabada na zona da boca. Permanece ingresada no hospital e recuperase favorablemente. O pai da pequena presentou denuncia por un suposto delito de lesións e a Garda Civil investiga as circunstancias nas que se produciron os feitos. O can, un pastor belga, non está considerado como potencialmente perigoso. Tiña microchip e toda a documentación en regra. Foi trasladado a unha protectora para realizarlle algunhas analíticas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar