O subsidio do paro reducirase progresivamente para incentivar a busca de emprego
O subsidio do paro reducirase progresivamente para incentivar a busca de emprego
O Goberno pactou a reforma con Bruxelas para poder recibir novos fondos europeos
España é un dos países europeos con máis parados de longa duración. Ademais dous de cada tres teñen máis de 50 anos e un terzo deles non busca traballo.
"Hai xente sen traballo e traballos sen cubrir. Ahí hai un problema".
A reforma que prepara o Goberno modificará o actual sistema, de forma que a subvención aumentará ao principio para ir descendendo progresivamente. Nun contexto de escaseza da man de obra en moitos sectores, búscase incentivar a volta ao mercado de traballo.
"Unha persoa que chega aos 50 anos que non ten apenas formación e que se ve no paro. Hai ese tipo de subsidios para paliar esta situación. Necesitamos se tipo de medidas para incentivar o movemento, di Marcos Ramos, Profesor de RRHH da Escola de Relacións Laborais da Coruña.
A OCDE sitúa España entre os países que menos esixen na busca activa de emprego. A reforma é un dos requisitos acadados con Bruxelas para seguir recibindo fondos europeos. Pero os sindicatos advirten:
"Agardo que sexa unha das primeiras cousas que se vaxa no diálogo social", advirte Unai Sordo, Secretario xeral de CCOO
E din que o problema non está nos subsidios, senón nos servizos de emprego.
"Din que hai unha serie de vacantes que non se cobren porque non hai vontade dos traballadores porque están cobrando "paguiñas" e isto non responde á realidade", asegura Unai Sordo, Secretario xeral de CCOO
Os sindicatos marcan como prioridade a formación e o reforzo dos sistemas públicos de emprego.