Reunión "densa e útil" entre o presidente da Xunta e a alcaldesa de Lugo

O encontro entre Alfonso Rueda e Lara Méndez acabou con acordos e con asuntos pendentes

G24.gal 22/11/2023 21:46

Reunión "densa e intensa" entre a alcaldesa de Lugo e o presidente Rueda. Falaron de mellorar as relacións institucionais, o saneamento do rural, de vivenda pública, da nova comisaria de Policía, do Museo da Romanización e do centro de saúde do Sagrado Corazón.

"Densa polo contido e con ganas de que se materialicen os compromisos. Que pasemos das palabras aos feitos porque, así, vaino agradecer a veciñanza de Lugo", comenta Lara Méndez, alcaldesa de Lugo.

O presidente da Xunta coida tamén que a reunión foi útil e anima a que as obras da estación intermodal sirvan para reclamar o AVE a Lugo conxuntamente.

"Reivindicando perante o Goberno central que se imos facer unha estación intermodal de primeira categoría, tamén Lugo merece unhas conexións ferroviarias que estean á altura, empezando pola chegada da alta velocidade", di Alfonso Rueda, presidente da Xunta.

Alfonso Rueda reitera o compromiso da Xunta para construír a rolda leste de Lugo en canto haxa un trazado consensuado e para colaborar no desenvolvemento do Campus Terra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos