Un rapaz con trastorno de espectro autista xoga na liga feminina de voleibol

Despois dun ano preparándose, é un integrante máis do equipo monfortino do Ribeira Sacra

O seu exemplo é unha mostra de que o deporte favorece a integración social 

G24.gal 28/10/2023 14:54

Un neno de 13 anos con trastorno do espectro autista acaba de estrear esta mañá a súa licenza federativa. É un integrante máis do equipo do Ribeira Sacra de Monforte, unha agrupación feminina coa que se integrou logo dun período de formación e adaptación. 

Alejandro é un máis no equipo. É precisamente isto o que se busca a través do deporte, a integración deste rapaz con trastorno de espectro autista.

Xoga no equipo feminino na liga galega infantil, cunha concesión especial da federación que lle permite facelo nunha categoría inferior á súa idade e coas compañeiras coas que comezou adestrar o ano pasado. Foi o seu titor do curso anterior quen o iniciou neste deporte. 

Alejandro está encantado de poder competir. O club non oculta a súa satisfacción por ter contribuído a esta integración, unha mostra de que os valores do deporte son universais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade