A Feira de Santos, un mercado moi valorado polos amantes dos produtos caseiros
A Feira de Santos, un mercado moi valorado polos amantes dos produtos caseiros
O que domina na Feira son os as carnes e os embutidos de porco
Tamén hai unha oferta variada de queixos, mel e froitos de temporada
Algúns vendedores din que os avisos de mal tempo mermaron a asistencia de público
Os amantes dos produtos caseiros valoran a gran oferta gastronómica que se pode atopar cada un de novembro na Feira de Monterroso.
Amáis dos produtos á venda o outro gran protagonista da xornada foi o tempo. Aínda que pola mañá o vento e a chuvia non se deixaron notar moito, algúns vendedores consideraban que a concorrencia de compradores non foi a mesma de sempre, porque os avisos temporal non animaban a saír da casa.
Con todo o pavillón do mercado estivo animado. Cada quen buscaba o seu manxar favorito entre o variado surtido de froitos, queixos e, sobre todo, carnes e embutidos de porco.