Expotaku regresa á Coruña con todas as novidades do universo manga e anime
Expotaku regresa á Coruña con todas as novidades do universo manga e anime
Talleres, concursos, videoxogos e xogos de rol centran o programa de actividades
Participan na feira máis dun cento de expositores
O maior evento de temática anime e manga reuniu na Coruña os incondicionais da cultura pop xaponesa e tamén do ocio alternativo. Expotaku é unha feira imperdible para os cosplayers e edición tras edición chega cun programa amplísimo de actividades no que cabe case todo.
Os disfraces sempre son un dos grandes alicientes de Expotaku. Pero a feira sempre triunfa polas súas propostas, con case trescentas citas en tres días, e pola calidade dos expositores e dos artistas convidados, como Shaun Elay, que fixo ilustración en negativo e a gran formato en directo.
Durante os tres días do evento sucedéronse os talleres e os concursos. Coma sempre, reservouse unha zona para os videoxogos e outra para os xogos de rol. Nesta ocasión, ademais, tamén houbo un espazo para os tatuadores. Os máis atrevidos puideron despedirse de Expotaku cun recordo para toda a vida impreso na pel.