Cargando resultados...
O ferido nun accidente de caza en Mondoñedo permanece estable na UCI do Hospital da Mariña
O ferido nun accidente de caza en Mondoñedo permanece estable na UCI do Hospital da Mariña
Recibiu o impacto dunha bala rebotada dun compañeiro mentres cazaban
O home permanece ingresado no Hopital da Mariña
G24.gal
07/12/2023 14:14
Un cazador de 50 anos, veciño de Barreiros, permanece na UCI do Hospital da Mariña, logo de recibir un disparo accidental mentres participaba nunha cacería no municipio de Mondoñedo, na Canteira de Prado.
O accidente de caza produciuse este mércores, cando o home foi impactado no abdome por unha bala rebotada dun compañeiro. Tras recibir os primeiros auxilios foi evacuado de urxencia polo 061 ata o hospital de Burela.
Debido á gravidade da súa ferida, practicóuselle unha cirurxía de urxencia. Aínda que o seu prognóstico é reservado, permanece estable.
A Garda Civil abriu a investigación habitual nos accidentes de caza.