Publicador de contidos

Contido coa etiqueta isabel rodríguez .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta isabel rodríguez .

Isabel Rodríguez

O Supremo confirma a multa a Isabel Rodríguez por non ser neutral en período electoral

23/10/2024 19:47

Mantén a multa de 4.700 euros por declaracións cando era voceira do Goberno

A sanción da Xunta Electoral produciuse en vésperas das eleccións municipais do 2023


A ministra de Vivenda, este mércores no Congreso dos Deputados (EFE / J.J.Guillén).

Sumar ameaza con pedir a dimisión da ministra de Vivenda, que non convence os seus socios

23/10/2024 07:58

O Goberno avoga por blindar o parque de vivenda e os solos públicos para sempre

O PP di que a política de vivenda do Goberno xera inseguridade xurídica e fomenta a ocupación ilegal


EFE/Cabalar

Rodríguez fai un chamamento a colaborar entre administracións ante o problema de vivenda

10/10/2024 11:11

Agradeceu a "complicidade e o apoio" que lle brindan as comunidades autónomas, ao apoiar as iniciativas do Goberno, e insistiu no seu chamamento a unha "grande alianza de país" para dar resposta ao problema da vivenda

A conselleira de Vivenda da Xunta dixo que a comunidade necesita "máis fondos" para vivenda


A ministra de Vivenda, Isabel Rodríguez, na Conferencia Sectorial de Vivenda cos responsables autonómicos (Gabriel Luengas / Europa Press)

Vivenda di que "premiará" as CC. AA. que apliquen a lei en lugar de sancionar as incumpridoras

03/10/2024 12:45

O Ministerio ofrece "colaboración e recursos" as comunidades autónomas en lugar de ameazar con quitar fondos ás "insubmisas"

O Goberno tenta rebaixar a tensión coas comunidades gobernadas polo PP que rexeitan a "ameaza" e a "chantaxe" por non interviren o alugueiro

 


Isabel Rodríguez, ministra de Vivenda (EFE/Daniel González)

Vivenda anuncia cambios urxentes para limitar os alugueiros por temporada e turísticos

03/07/2024 14:20

Os contratos deberán rexistrarse nunha plataforma en que se xustifique a necesidade dese alugueiro temporal

A ministra Isabel Rodríguez di que tamén se reformará a lei pola que as comunidades de veciños poderán limitar a presenza de vivendas turísticas nos seus bloques de edificios


Isabel Rodríguez despachouse contra Errejón e Sumar

A ministra de Vivenda critica a "absoluta ignorancia" de Sumar coa lei do solo

24/05/2024 14:11

Di que non entenden nada e aconséllalle que pisen un concello para coñecer os verdadeiros problemas urbanísticos

Recoñece que cometeu un erro: non ter en conta a contenda electoral

 


O Goberno autoriza a repartición de 430 millóns ás comunidades para rehabilitar vivenda

19/03/2024 11:12

Isabel Rodríguez pídelles ás comunidades gobernadas polo Partido Popular que apliquen o índice de prezos do alugueiro e non se resistan a declarar zonas tensionadas


Condicións dos avais do Goberno para a vivenda: tope de ingresos e non ter propiedades

13/02/2024 14:02

A medida está destinada a menores de 35 anos e familias con menores a cargo

Os ingresos máximos por persoa non poderán superar os 37.800 euros brutos ao ano

Yolanda Díaz critica a medida, que pensa que fará subir os prezos, e a patronal inmobiliaria aplaude a iniciativa


Galicia pide ao ministerio 140 millóns dos fondos para vivenda accesible e rehabilitación

18/01/2024 14:47

Isabel Rodríguez anunciou na Conferencia Sectorial que se distribuirán 430 millóns entre as autonomías

A conselleira asegura que os 25 millóns que lle corresponden a Galicia son unha cantidade insuficiente


O ministro da Presidencia rexistrou este luns a lei de amnistía no Congreso (EFE/Fernando Villar)

O Goberno envía a lei de amnistía á Comisión Europea e ofrécese a explicarlla

14/11/2023 13:36

O ministro da Presidencia, Félix Bolaños, trasladoulle á vicepresidenta da Comisión Europea, Vera Jourova, e ao comisario de Xustiza, Didier Reynders, o texto da norma como comprometera a semana pasada

Bolaños dilles que debe seguir o trámite parlamentario e pide manter unha reunión para explicar a posición do Goberno sobre a amnistía

A lei de amnistía: que é e a quen afecta; entrada en vigor, recursos e posible suspensión


O Goberno asume o incremento do custo dos accesos á intermodal de Vigo

14/11/2023 11:23

O Consello de Ministros aprobou a modificación do convenio co Concello de Vigo e a Xunta de Galicia, polo que o Ministerio pagará a práctica totalidade dos 2,7 millóns que encareceron eses traballos


O Goberno ve "inaudito" que o CXPX se pronuncie sobre "unha lei que non existe"

07/11/2023 13:12

A portavoz do Goberno en funcións di que "igual estaría ben que actuasen coa mesma celeridade sobre algo que lles afecta moi directamente, que é o seu mandato caducado"

Independentistas e Sumar acusan o xuíz que investiga a Puigdemont de tentar "desestabilizar" as negociacións


O Goberno recorre ante o Tribunal Constitucional a Lei galega do litoral

10/10/2023 11:53

O Goberno entende que a norma impulsada pola Xunta e aprobada polo Parlamento Galego invade competencias exclusivas da Administración central e recolle algunhas que o Estatuto de Autonomía de Galicia non contempla

Desde a Administración galega sosteñen que o Goberno "busca a confrontación" coa Xunta, xa que presenta o recurso sen convocar antes a Comisión Bilateral Estado-Galicia "para limar diferenzas"


O Goberno declara zonas gravemente afectadas pola DINA en 9 comunidades

25/09/2023 10:00

Áreas de Andalucía, Aragón, Castela e León, Castela-A Mancha, Cataluña, Comunidade Valenciana, illas Baleares, Comunidade de Madrid e Rexión de Murcia vanse beneficiar desta declaración


O Goberno retíralle a Pinochet a Gran Cruz ao Mérito Militar que lle concedera Franco

12/09/2023 11:59

Desde o Executivo español destacan que España "avanza nos compromisos cos valores democráticos"


A voceira do Goberno, Isabel Rodríguez (Foto e video: TVE)

Tras escoitar a Puigdemont, o Goberno cre que se "abren vías do diálogo e da política"

06/09/2023 11:39

A voceira do Goberno cre que a próxima lexislatura ha de ser a da "convivencia e do progreso", e di que o PSOE iniciará formalmente as negociacións para a investidura de Pedro Sánchez cando finalice a de Núñez Feijóo

Sumar asegura que foi Puigdemont o que lles pediu a reunión con Díaz en Bruxelas

Feijóo pídelle a Sánchez que "recapacite" e non ceda ás esixencias do expresidente catalán


A XEC multa a Rodríguez con 4.700 euros por facer electoralismo nas comparecencias de Moncloa

04/08/2023 10:58

A ministra tamén quebrantou os principios de "neutralidade e igualdade"


O Goberno apoia "un uso normalizado" das linguas pero ve complexa a súa aplicación

03/08/2023 14:01

As linguas "nunca poden ser un elemento de batalla como fan o PP e Vox"


O PSOE aspira a captar votos de Sumar e Podemos nas próximas xerais

01/06/2023 14:59

A voceira do Goberno, a socialista Isabel Rodríguez, pide concentrar o voto de esquerdas no PSOE


O Goberno sostén que España condena e persegue os delitos de odio

23/05/2023 14:37

Os insultos por parte dun grupo de afeccionados contra o futbolista Vinicius provocan unha condena xeral


O Goberno aproba os investimentos da intermodal de Ourense e de Alfonso Molina na Coruña

16/05/2023 11:51

Na nova estación de Ourense está previsto un investimento de 130 millóns de euros e de 18 na principal avenida de acceso á Coruña 


Isabel Rodríguez xa fora obxecto doutro expediente por parte da JEC

A Xunta Electoral Central abre un novo expediente sancionador á voceira do Goberno, Isabel Rodríguez

10/05/2023 19:23

A JEC considera que as manifestacións feitas o pasado 3 de maio pola voceira do Goberno vulneran o principio de neutralidade dos poderes públicos desde que se convocan eleccións


Condicións para acceder aos avais para a compra de vivenda: renda, idade ou fillos

09/05/2023 10:07

O Consello de Ministros aproba crear unha liña de avais a través do ICO que cubra o 20 % do crédito hipotecario

Podemos e os socios parlamentarios critican esa medida

O Goberno destinará 620 millóns a comprar terreros de Defensa para promover vivenda


Isabel Rodríguez di que o PSOE afronta o 28-M "coa tranquilidade de ter o traballo feito"

06/05/2023 14:41

A ministra de Política Territorial viaxou a  Santiago este sábado

Fixo un percorrido pola zona vella acompañada do líder do PSdeG


Besteiro toma posesión este luns como novo delegado do Goberno ante Rueda e Miñones

02/04/2023 21:38

Supón a rehabilitación política de Gómez Besteiro, líder do PSdeG ata 2016, cando se viu forzado a dimitir tras ser imputado ata en dez ocasións, aínda que todas as causas se arquivaron con posterioridade


O Goberno crea a Axencia Nacional para a Prevención do Cancro de Orixe Profesional

14/03/2023 11:19

Aprobada unha nova edicións dos viaxes do IMSERSO cun custo de 300 millós de euros

A fábrica de baterías para vehículos eléctricos que o grupo Volkswagen vai poñer en Sagunto botará a andar o venres


Os socialistas galegos celebraron na Coruña a xornada municipalista de cohesión social

19/02/2023 16:04

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, censura a "insensibilidade" da Xunta, "con orzamentos sen medidas que consideren a carestía dos prezos"


O Goberno di que non se vai cambiar "nin unha coma" sobre o consentimento na lei do 'só si e si'

31/01/2023 12:11

A ministra Irene Montero admite discrepancias co PSOE na reforma en relación ao consentimento 



O Goberno recupera o proxecto da subestación de alta tensión de Vigo, clave para Stellantis

24/01/2023 10:44

A ministra de Transición Ecolóxica di que a subestación poderá facerse con financiamento europeo

O Goberno aproba os plans hidrolóxicos de 12 concas dependentes do Estado, entre eles Galicia-Costa

Ribera asegura  que Galicia "non queda fóra do proxecto H2MED"


Edificio A Terraza, na que se agarda estea a Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial

A Coruña será sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial

05/12/2022 12:35

O Goberno destaca o potencial da candidatura galega "polo seu importante ecosistema universitario e económico e empresarial" relacionado co sector

Alfonso Rueda celebra a elección da Coruña como "recoñecemento á potencia do sector TIC e á investigación galega", e a ministra Nadia Calviño  di que, como galega, para ela "é unha alegría especial que se estea en Galicia"



O Goberno prevé incluír a liña Ourense-Santiago nos abonos de balde de Renfe

31/08/2022 14:16

A ministra voceira do Goberno, Isabel Rodríguez, asegura que se está traballando para que "non haxa un agravio entre os viaxeiros da mesma comunidade"


Isabel Rodríguez, voceira do Goberno (EFE/Juan Carlos Hidalgo)

O Goberno apunta a Feijóo pola negativa do PP a apoiar o decreto de aforro enerxético

23/08/2022 14:30

A voceira do Executiva cualifica de "frivolidade" a actitude dos populares e pregúntalle a Feijóo "de parte de quen está"

O Partido Popular di que votará en contra se non se negocian as medidas coas comunidades e coas empresas


Goberno e oposición inician o curso político marcado pola inflación e as turbulencias económicas

22/08/2022 14:50

Esta semana retómanse os Consellos de Ministros e a actividade habitual no Congreso


O Goberno di que analizará "con absoluto rigor" a petición de indulto a Griñán

18/08/2022 14:36

Feijóo advirte de que o Goberno non pode decidir unilateralmente neste caso

A familia do expresidente andaluz alegará a súa "intachable traxectoria" e que non se enriqueceu no seu exercicio da función pública


Unidas Podemos pide máis medidas no plan contra os efectos da guerra

06/06/2022 14:44

Díaz avoga por ter en conta a renda no desconto de vinte céntimos no combustible


Podemos continúa coas críticas ao Goberno pola súa implicación na OTAN

01/06/2022 14:47

A líder de Podemos e ministra de Dereitos Sociais, Ione Belarra, non asistirá ao cumio que se celebrará en Madrid a finais de xuño


Isabel Rodríguez, no último Consello de Ministros (EFE)

O Goberno di que o rei Xoán Carlos perdeu a oportunidade de pedir perdón

23/05/2022 10:16

Isabel Rodríguez di que a relación do Executivo "é neste momento con Filipe VI", que "si está a facer o que debe facer", a diferenza do seu pai


Aragonès avisa o Goberno, tras o escándalo da espionaxe: "A confianza é cero"

21/04/2022 16:42

O presidente da Generalitat pide que se investiguen as supostas escoitas a políticos independentistas

Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 49 resultados.