Publicador de contidos

Contido coa etiqueta xustiza .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta xustiza .

Xustiza

Victór de Aldama tras saír de prisión este xoves (EFE/Sergio Pérez)

O PSOE presenta unha querela contra Aldama en nome de Sánchez e a súa muller, Montero, Cerdán, Torres, Illa e Moreno

22/11/2024 13:29

O ministro, un dos citados por De Aldama na súa declaración onte na Audiencia Nacional, afirmou que se defenderán dunhas acusacións "gravísimas", sen probas e baseadas en "mentiras, infundios, bulos e insidias"

Os socialistas xa presentaron a demanda na que se solicita a cita para o acto de conciliación previo á presentación da querela

De Aldama sae do cárcere e advirte a Sánchez de que vai ter "probas de todo" o que declarou


O acusado na súa entrada ao xulgado

Conclúe o xuízo de Velle: "un criminal" para a acusación e "un enfermo" para a defensa

20/11/2024 16:14

Ambas as dúas acusacións piden penas de máis de 25 anos por un delito de asasinato consumado e outro en grao de tentativa

O debate principal e se sabía o que facía ou non era consciente polo seu problema de saúde mental

O xurado recibirá o obxecto de veredicto este xoves


Sobrevivente do crime de Velle durante a segunda sesión do xuízo

O sobrevivente do crime de Velle: "Mireino aos ollos e vin o coitelo no meu abdome"

19/11/2024 16:01

Foi agredido en canto abriu a porta da casa ao seu curmán

Os psiquiatras que atenderon o acusado confirmaron que sofre dunha esquizofrenia paranoide, pero non puideron precisar se era ou non consciente do que facía


Peinado rastrexa as contas de Begoña Gómez e reclama ao Rexistro o seu certificado de matrimonio

19/11/2024 12:15

Pedro Sánchez acolle con "absoluta tranquilidade" os novos pasos do xuíz Peinado

Acordou, á súa vez, fixar data para a declaración como investigado de Juan José Güemes. Citouno para o próximo 18 de decembro, ás 11:00 horas, o mesmo día no que ten previsto acudir a propia Begoña Gómez

O empresario Víctor de Aldama pide declarar no caso Koldo e o xuíz cítao para o xoves

A comisión do caso Koldo cita a Montero, Puente, Torres e unha asesora da Moncloa


O Consello de Europa insta a España a que haxa xuízos en linguas cooficiais se unha parte o pide

19/11/2024 12:10

Os ministros subliñan que as linguas cooficiais deberían estar garantidas na educación e o dereito dos cidadáns a interactuaren nesas linguas coa Administración central

A recomendación non avalía se as sentenzas xudiciais que impoñen un mínimo de clases en castelán infrinxen os compromisos de España na protección das linguas minoritarias


Comparecencia de Víctor de Aldama ante a comisión non permanente de investigación no Parlament balear, o pasado mes de maio ( Isaac Buj / Europa Press)

O empresario Víctor de Aldama pide declarar no caso Koldo e o xuíz cítao para o xoves

19/11/2024 09:32

De Aldama xa comparecera diante deste maxistrado cando foi detido polo caso Koldo e quedou en liberdade con medidas cautelares

O empresario está en prisión provisional polo caso hidrocarburos

Categorías:  España   Política
Etiquetas:  XUSTIZA   CASO KOLDO

O avogado Gonzalo Boye sae da Audiencia Nacional como acusado. EFE

Un xefe policial declara que Boye dirixiu trámites de branqueo para o narco Sito Miñanco

18/11/2024 16:54

A Fiscalía solicita 9 anos e 9 meses de prisión para o avogado por supostos delitos de branqueo e falsificación documental

Gonzalo Boye asegura que é "unha montaxe con claras motivacións políticas" e que está nesta situación por "facer o meu traballo como avogado"


Imaxe de arquivo de Andrés Cortabitarte e Francisco José Garzón na derradeira sesión do xuízo do Alvia (EFE / Xoán Rey)

A Fiscalía apela contra a sentenza do accidente de Angrois para evitar a condena do ex-xefe de Adif

18/11/2024 13:31

As vítimas din que esta decisión provoca "dor e frustración" e acusan a Fiscalía de "defender os intereses dos poderosos"

O volume das aclaracións solicitadas e a complexidade da causa obrigou a ampliar o prazo para o recurso

A pena é pola comisión de 79 delitos de homicidio e 143 de lesións por imprudencia grave


Tribunal Superior de Xustiza de Galicia/Arquivo

Os especialistas en violencia de xénero cren que con axudas máis eficaces para as vítimas non habería mortes

16/11/2024 18:56

A avogada Yolanda Borrás insiste na necesidade de máis axentes de seguridade para preservar que se cumpran as ordes de afastamento e as vítimas se sintan seguras


Elisa Mouliaá mantén que todo o que contou de Errejón é o que ocorreu con pelos e sinais

15/11/2024 14:26

A actriz responde ao recurso presentado por Errejón, que a acusa de poñer unha denuncia falsa

O exdeputado pide que se reabra a causa para poder declarar o antes posible



A Fiscalía compara cunha "manda de lobos" os acusados do crime de Samuel: "Todos contra un"

14/11/2024 12:35

Abre a posibilidade de que dous dos investigados sexan condenados como cómplices

As acusacións manteñen as súas peticións de asasinato para os cinco acusados: "Mátano o berro de maricón" 

A defensa do principal acusado solicitou a cualificación de homicidio por imprudencia grave; a dos outros tres piden a libre absolución e para o quinto implicado, delito de lesións con atenuantes de consumo de drogas e alcol


Gloria, filla do carniceiro que mataron en Santiago: "Que se faga xustiza, non poden quedar impunes"

14/11/2024 08:57

Visiblemente afectada e con bágoas na cara, destacou que quere dicirlles que acabaron coa súa vida e coa vida de toda a familia


Xuízo por Samuel Luiz: dous acusados alegan que pegaron ao principio; outro di que non fixo nada

13/11/2024 09:59

Diego M.: "A imaxe que teño é golpear a Samuel, non sei se puñadas ou patadas"

Kaio A. S. afirma que nunca "tocou" a Samuel e culpa da agresión a Diego M., a Alejandro F. e un dos menores

"Se me dese de conta do que estaba a pasar, xuro por Deus que tentaría parar a agresión", dixo outro dos acusados, Alejandro F.


Palacio de Xustiza, sede da Audiencia Provincial de Pontevedra

Acepta un ano de cárcere e 50.000 euros de multa por cobrar durante 20 anos a orfandade do seu irmán falecido

12/11/2024 17:32

A septuaxenaria non poderá recibir subvencións e axudas públicas durante dous anos

Haberá outro xuízo para determinar a responsabilidade subsidiaria de Abanca


Imaxe de arquivo do último Toro Jubilo de Medinaceli. PACMA.

A Xustiza suspende un festexo taurino con lume en Soria e antepón o "benestar do animal"

12/11/2024 16:29

Estimouse a solicitude de PACMA contra a celebración do Toro Jubilo de Medinaceli, encontro no que se prende a cornamenta dun touro

A Junta de Castela e León autorizara a súa celebración este mesmo martes a pesar de que xa había unha sentenza que o declaraba ilegal


Donald Trump coa súa dona o pasado 6 de novembro. REUTERS/Brian Snyder

A xustiza concédelle unha pausa ao xuízo contra Trump polo asalto ao Capitolio

09/11/2024 08:50

Suspéndense os prazos pendentes para darlle tempo ao fiscal a avaliar como proceder tras a vitoria do republicano nas eleccións


(Reuters / Neil Hall)

A Fiscalia arxentina imputa tres persoas pola morte de Liam Payne en Bos Aires

08/11/2024 08:14

Un dos acusados é unha persoa que acompañou a Payne durante a súa estadía en Bos Aires, outro é un empregado do hotel no que faleceu e o terceiro foi descrito como "un provedor de estupefacientes"

A fiscalía informou que a imputación destas tres persoas, cuxa detención xa foi ordenada, chegou tras unha extensa investigación que incluíu decenas de testemuños

Categorías:  Mundo   Sociedade   Cultura
Etiquetas:  XUSTIZA   MÚSICA

TVG

O ADN sitúa un dos acusados en contacto con Samuel Luiz e outro cunha botella que rompeu durante a agresión

07/11/2024 12:39

Segundo a Policía Nacional, a presenza de restos biolóxicos dun dos acusados no rostro da vítima indica que houbo "unha gran fricción e sometemento"


Íñigo Errejon no Congreso dos Deputados, a 26 de setembro de 2024. Europa Press / A. Pérez Meca

O xuíz apraza a declaración da denunciante de Íñigo Errejón para a próxima semana

06/11/2024 18:34

Finalmente Mouliaá declarará o martes 12 de novembro ás 9:00, unha hora antes de que o faga Errejón como investigado


TVG

Os especialistas declaran que os pais de Samuel Luiz padecen "depresión" e "case un suicidio pasivo" tras o crime

06/11/2024 12:14

Un psiquiatra que examinou un acusado apunta a un "trastorno adictivo" e que a cuadrilla de barrio "acabou por desestruturalo"


Imaxe do acusado durante o xuízo de conformidade (Pedro Davila / Europa Press).

Acepta un ano e sete meses de prisión por baleirar un extintor nos xulgados de Vigo, que tiveron que ser desaloxados

06/11/2024 11:35

O home, que padece un transtorno orgánico de personalidade, non entrará en prisión se non volve delinquir nos próximos anos

Etiquetas:  XUSTIZA

Catro dos acusados polo crime de Samuel Luiz apareceron nun videoclip con armas e cantando "maricas de merda"

31/10/2024 11:58

As defensas insistiron en que o vídeo se gravou meses antes dos feitos e que o xénero musical inclúe este tipo de cuestións, que non están relacionadas coa actitude dos procesados


O responsable da investigación do crime de Samuel Luiz: "Foi unha actuación grupal, inhumana e atroz"

30/10/2024 11:44

"É imposible evitar a consecuencia final", asegurou no xuízo sobre a morte do mozo

O axente declara que un dos acusados foi á Policía "para colaborar", pero que lles "mentiu" e sinalou os demais


(EFE / Arquivo)

O xuíz Peinado imputa dous novos delitos a Begoña Gómez polo software da Complutense

29/10/2024 12:57

A esposa de Pedro Sánchez está citada de novo a declarar o vindeiro 18 de novembro ás 13:30 horas


TVG

Xuízo por Samuel Luiz: o seu pai ve "odio" no asasinato e un acusado recoñece que quizais houbo homofobia

28/10/2024 11:02

O pai do mozo asasinado pide que "quen teña que pagar, que pague", porque o que quere é seguir coa súa vida mentres "hai moitas familias esnaquizadas"

Un antigo amigo do grupo di que intercambiou mensaxes cun dos acusados: "Non morreu por ser gay", dixo esta testemuña; "Se cadra, si", respondeu Kaio A. S. C.


Miles de persoas reclaman en Madrid "eleccións xa" con críticas reiteradas a Pedro Sánchez

20/10/2024 14:55

Os protagonistas do acto fixeron fincapé na situación xudicial que afecta ao Goberno polos presuntos casos de corrupción

Os convocantes cifran a participación en 400.000 persoas e a Delegación do Goberno en 25.000


O presidente do Goberno, Pedro Sánchez (Europapress)

Inadmitida a querela de Pedro Sánchez contra o xuíz Peinado por prevaricación

18/10/2024 14:01

O TSXM, que tomou a decisión por unanimidade, ve motivos de "carácter especulativo"na querela e considera "extravagante" que o presidente do Goberno utilice á Avogacía para formulala

O Goberno, sorpendido dalgunhas manifestacións "inusuais" e "innecesarias " para a motivación do auto

Feijóo: "O prexuízo á Fiscalía e á Avogacía do Estado alcanza xa cotas históricas" 


Investigan un condenado por unha malleira en Vigo por ameazar a testemuña protexida que o identificou

17/10/2024 16:03

O investigado logrou identificar esa testemuña, a pesar de que declarou por videoconferencia, sen imaxe da súa cara e coa voz distorsionada


Imaxe de arquivo do fiscal xeral García Ortiz (Europa Press/Eduardo Parra)

Dous anos de García Ortiz como fiscal xeral: de suceder a Delgado a investigado polo Supremo

16/10/2024 13:42

García Ortiz é o primeiro xefe do Ministerio Público ao que o CXPX declarou "non idóneo"


O acusado durante o xuízo (EFE)

O acusado do crime machista do Birloque alega que tomara alcol, pastillas e fentanilo

15/10/2024 16:49

Recoñeceu que acabou coa vida da que era a súa parella, nun día no que tiña a intención de quitarse a súa propia

A Fiscalía e a acusación piden 25 anos de prisión por asasinato e unha indemnización de 80.000 euros para os dous fillos


Os exdirixentes de Resistencia Galega, Antonio G. M. e Asunción L. C., na Audiencia Nacional (EFE/ Zipi / POOL)

O autor material do atentado de Baralla exculpa os exdirixentes de Resistencia Galega

15/10/2024 14:25

A Fiscalía retira a acusación contra un dos acusadados e rebaixa a un ano e medio a súa petición para o segundo nun xuízo que quedou visto para sentenza

O autor material do atentado na casa consistorial, xa condenado, sostén que actuou só


A Audiencia Nacional xulga este martes os dirixentes de Resistencia Galega polo atentado de Baralla

14/10/2024 18:57

A fiscalía pide para os dous acusados cadansúa pena de 15 anos de cárcere


Aprazada a este martes a declaración do acusado do crime do Birloque

14/10/2024 14:41

O investigado pola morte violenta dunha muller neste barrio coruñés enfróntase a 25 anos de cadea

Este luns quedou constituído o xurado


O crime de Samuel Luiz, a xuízo con cinco acusados e máis de 80 testemuñas

14/10/2024 14:19

As probas de ADN involucran directamente dous dos investigados

O informe forense é demoledor, os médicos atoparon 46 lesións no corpo de Samuel

O comisario do caso Samuel Luiz: "Espero que os culpables reciban penas exemplares"


Europa Press/M DYLAN

A Audiencia da Coruña xulga o acusado de matar a súa parella no barrio coruñés do Birloque

14/10/2024 08:15

O Ministerio Público apunta que as puñaladas lle perforaron a aorta e provocaron un choque hipovolémico que lle causou a morte de forma inmediata á muller

A Fiscalía considera os feitos constitutivos dun delito de asasinato con aleivosía, polo que piden 25 anos de cárcere, e outro de furto, polo que reclama o pagamento dunha multa


O expresidente de Bolivia Evo Morales, nunha imaxe de arquivo (Europa Press)

A Fiscalía emite orde de detención contra o expresidente de Bolivia Evo Morales

11/10/2024 09:11

Morales non se presentou a declarar polo suposto caso de abuso de menores e trata de persoas polo que está a ser investigado

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  XUSTIZA   BOLIVIA

Imaxe do accidente, 13 de xullo de 2023

O condutor acusado pola morte dunha motorista en Vigo alega que perdera o coñecemento

10/10/2024 18:49

O condutor novel acusado: "Non teño ningunha explicación do ocorrido, a única explicación que se me ocorre é que perdese o coñecemento"

Asegurou que estaba a tomar medicación para o TDAH, pese a que non apareza reflectido no seu informe do psicotécnico


O xuíz manda a prisión a Aldama, suposto conseguidor da trama Koldo, por unha fraude de 182 millóns

10/10/2024 15:05

O xuíz Pedraz tamén envía a prisión ao seu socio Claudio Rivas e a súa irmá por unha fraude estimada en 182,5 millóns de euros

Constituíanse empresas para vender combustible, que desaparecían e entraban en concurso de acredores ou eran liquidadas para evitar pagar o IVE

Categorías:  España   Política
Etiquetas:  XUSTIZA   CASO KOLDO

O exgrapo que lle disparou a un mozo en Vigo: "Se quixese matalo, faríao"

10/10/2024 12:15

O septuaxenario, que sentou no banco dos acusados da sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, enfróntase a 10 anos de prisión, oito por un delito de asasinato en grao de tentativa e dúas por outro de tenza ilícita de armas

A vítima falou de tres encontróns previos e que no de xuño dixéralles a el e á súa noiva que "tiña unha pistola, que era terrorista do Grapo e que abriran as portas do inferno"

Etiquetas:  XUSTIZA   ARMAS
Publicidade
Publicidade