Publicador de contidos

Publicador de contidos

Diego Rivas, adestrador de porteiros do Arenteiro, inscrito para xogar ante o Deportivo

Diego Rivas, adestrador de porteiros do Arenteiro, inscrito para xogar ante o Deportivo

O motivo é a baixa de Diego García, e a condición de cedido polo Deportivo de Pablo Brea, que obrigaría o club do Carballiño a pagar unha compensación económica

Xa aconteceu na temporada 87-88, cando o meta marinense Carlos Pereira tivo que poñer as luvas en circunstancias similares

G24.gal 23/04/2024 14:01 Última actualización 23/04/2024 18:23

Vive o Arenteiro un deses enredos que suceden no fútbol e que fai que a día de hoxe ninguén saiba quen defenderá a súa portería en Riazor. A grave lesión sufrida por Diego García, e a condición de cedido polo Deportivo de Pablo Brea, que obrigaría o club do Carballiño a pagar unha compensación económica que non quere afrontar para dispoñer del, fórzano a buscar solucións de emerxencia.

 Finalmente, o equipo de O Carballino, despois de dúas semanas sen atopar unha solución, deu de alta a Diego Rivas, que despois de retirarse este verán no Racing de Ferrol retornará ao fútbol en activo para xogar o vindeiro domingo ante o Deportivo.

O caso resulta aínda máis curioso cando comprobamos que existe un precedente no propio Arenteiro. Rebobinamos ata a temporada 87-88, cando o meta marinense Carlos Pereira tivo que poñer as luvas en circunstancias similares.

"Agapito Viñas pediume que adestrase aos porteiros do Arenteiro e fun. Pero cando comezou a liga deixounos Castor e fixéronme unha ficha rápida e xoguei uns partidos".

Xogou exactamente dezanove partidos naquela Segunda B. Media Liga. Non será tan longa a volta de Diego Rivas se finalmente se produce, pero quen sabe, o fútbol é unha caixa de sorpresas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos