Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha parella cae ao río Arenteiro ao ceder a varanda da ponte cando estaban sacando unha foto

Unha parella cae ao río Arenteiro ao ceder a varanda da ponte cando estaban sacando unha foto

Malia que bateron contra uns penedos, por sorte só sufriron feridas leves e puideron achegarse a urxencias polo seu propio pé

Os asiduos a esta ruta polo Arenteiro denuncian o mal estado en que se atopan todas as infraestruturas

G24.gal 24/04/2024 13:48

Estaban sacando unha foto nunha ponte de madeira sobre o Arenteiro, cedeu a varanda e caeron ao río. Aconteceulle a unha parella que estaba dando un paseo por esta zona do Carballiño. Malia que bateron contra uns penedos, por sorte só sufriron feridas leves e puideron achegarse a urxencias polo seu propio pé.

Foron trasladados en ambulancia ao Complexo Hospitalario de Ourense, pero o seu estado non é grave. Din os que coñecen ben o sitio que foi unha sorte que as consecuencias da caída non foran peores.

A Policía Local precintou a ponte. Os asiduos a esta ruta polo Arenteiro denuncian o mal estado en que se atopan todas as infraestruturas. Hoxe operarios do Concello do Carballiño comezaban o amaño da pasarela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade