Publicador de contidos

Contido coa etiqueta feridos .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta feridos .

Feridos

Autobús accidentado e servizos de emerxencia en Florida (REUTERS)

Un choque entre un autobús e unha camioneta deixa 8 mortos e 40 feridos en Florida

14/05/2024 18:56

O autobús, no que viaxaban 53 traballadores inmigrantes, saíu da estrada, atravesou un valado e envorcou

Oito dos feridos atópanse en estado crítico, entre eles o condutor da camioneta


Trens colididos en Bos Aires. REUTERS/Agustín Marcarian

Un choque de trens en Bos Aires deixa 60 feridos, 30 deles graves

10/05/2024 18:45

Investigan as causas que levaron o convoi ao chocar cunha locomotora parada

Dúas persoas sufriron traumatismos craniais e foron evacuadas da zona en helicóptero


Bombeiros de Boiro no lugar do accidente

Evacúan en ambulancia no corredor Brión-Noia un adulto e un menor tras envorcar o seu coche

05/05/2024 18:33

Ata o lugar acudiron un helicóptero e catro ambulancias, e o operativo de emerxencias confirmou que os feridos estaban conscientes


Un home quedou ferido tras recibir un couce dun cabalo na cabeza

04/05/2024 19:48

Os feitos aconteceron nun predio do lugar de Argote, no concello de Noia

Foi trasladado consciente nun vehículo medicalizado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago


Dúas persoas quedan feridas tras bater dous coches na autovía do Morrazo

27/04/2024 13:39

Nun dos vehículos viaxaban varios menores que saíron polo seu propio pé


Unha parella cae ao río Arenteiro ao ceder a varanda da ponte cando estaban sacando unha foto

24/04/2024 13:48

Malia que bateron contra uns penedos, por sorte só sufriron feridas leves e puideron achegarse a urxencias polo seu propio pé

Os asiduos a esta ruta polo Arenteiro denuncian o mal estado en que se atopan todas as infraestruturas


A cociña onde se orixinou o lume

Tres persoas quedan feridas no incendio dunha pastelería en Riotorto

21/04/2024 11:18

As lapas provocaron danos no establecemento e nos dous andares superiores do edificio

Categorías:  Galicia   Riotorto   Sucesos
Etiquetas:  INCENDIO   FERIDOS

Ingresado no hospital de Ourense un home de 45 anos con feridas de arma branca

20/04/2024 11:30

O 061 recibiu a alerta pouco antes das cinco da madrugada


Edificio colapsado en Hualien, Taiwán, logo do terremoto de 7,2 graos rexistrado na illa este mércores (Reuters)

Ascenden a 9 os mortos polo terremoto de Taiwán, que deixa máis de 100 réplicas

03/04/2024 08:02

Un tremor de terra de 7,2 sacudiu a costa leste da illa este mércores

Hai máis de 800 feridos e unha trintena de edificios derrubados

Rebeca, estudante galega en Taiwán: "As réplicas asustan máis ca o primeiro tremor"


Buscan as persoas que deixaron o mozo ferido de bala ás portas do Meixoeiro

30/03/2024 09:10

A policía revisa as cámaras de seguridade para identificar o coche que o levou ata o centro sanitario

Tiña un disparo no abdome e tivo que ser operado de urxencia no hospital Álvaro Cunqueiro

Categorías:  Galicia   Vigo   Sucesos
Etiquetas:  TIROTEO   FERIDOS

Imaxes do centro comercial mentres está activo o incendio (Reuters)

O Estado Islámico reivindica o tiroteo que deixa 40 mortos e máis de 100 feridos nunha sala de concertos de Moscova

22/03/2024 19:07

Foron tres individuos vestidos de camuflaxe quen iniciaron os disparos

Momentos despois tivo lugar unha explosión e declarouse un incendio


Unha discusión no metro de Brooklyn remata nun tiroteo cun ferido grave

15/03/2024 16:04

A vítima tivo que ser trasladada en estado crítico ao hospital

Categorías:  Mundo   Sociedade   Sucesos
Etiquetas:  TIROTEO   METRO   FERIDOS

Dezaseis dos 52 viaxeiros do autocar envorcado en Mallorca procedían de Lugo e A Coruña

12/03/2024 09:39

13 viaxeiros son orixinarios de Lugo e outros 3, da Coruña

Seguen hospitalizados cinco dos feridos no sinistro

A vítima con lesións máis graves, unha muller de Zaragoza que sufriu varias fracturas tras envorcar o vehículo, evoluciona favorablemente no hospital Son Espases de Palma


Imaxes da DXT do tramo onde tivo lugar o suceso (EFE)

Dezaoito feridos nunha colisión de 30 vehículos na A-3 en Madrid

09/03/2024 19:07

Trece dos lesionados foron trasladados ao hospital, pero ningún caso foi grave


Falece unha persoa e cinco quedan feridas nunha colisión entre vehículos en Curtis

02/03/2024 16:40

Os bombeiros tiveron que liberar dous feridos e axudar a sacar do coche o finado

Un dos máis graves, trasladado ao hospital en helicóptero


@112canarias

O incendio nun edificio de Arucas causa dous feridos graves e lesións leves a un bombeiro

27/02/2024 09:33

Unha muller de 52 anos e un home de 35 están hospitalizados con intoxicación por fume de carácter grave

Un dos bombeiros sufriu lesións leves, das que foi asistido no lugar


As ventás e os vehículos que había na rúa sufriron danos

Dous feridos tras unha explosión nunha carnicería de Ferrol

26/02/2024 19:23

Os feridos son dous técnicos dunha empresa de frío industrial que estaban a traballar no establecemento

A explosión produciuse mentres manipulaban o gas refrixerante

Categorías:  Ferrol   Sociedade   Sucesos
Etiquetas:  EXPLOSIÓN   FERIDOS

Imaxe de arquivo

Unha menor morta e tres feridos graves nunha proba de 4x4 en Asturias

24/02/2024 20:51

As tres persoas feridas están pendentes de máis probas ata nova valoración médica

A menor falecida atopábase no interior do vehículo xunto con outro dos feridos, mentres que os outros dous homes saíran despedidos


Deteñen no Porriño un home que asaltou e feriu de gravidade unha muller na rúa

22/02/2024 16:20

Foi localizado en Verín e o xulgado decretou a súa posta en liberdade con cargos



Abandonado no medio do monte en Vigo cunhas tesoiras cravadas logo dunha malleira

15/02/2024 08:46

Os seus presuntos agresores, pendentes de pasar a disposición xudicial, dérono por morto

O ferido está ingresado en estado moi grave

O caso podería estar relacionado co tráfico de drogas


Seguen ingresados os dous feridos máis graves en PortAventura, un deles en estado crítico

12/02/2024 13:42

Outros tres, menos graves, xa foron dados de alta

Todos estaban a bordo da montaña rusa de madeira cando unha árbore caeu polo vento e feriu 14 persoas, 9 con mancaduras leves


Imaxe dunha das atraccións de PortAventura (EFE)

Catorce persoas quedaron feridas ao caer unha árbore nunha atracción en PortAventura

11/02/2024 16:20

Dúas das persoas permanecen en estado crítico

A atracción sobre a que caeu a árbore pasara a primeira hora da mañá a inspección de seguridade

Descoñécese se entre os feridos se atopan menores de idade


Restablecido o tráfico na A-52 na Cañiza despois dun accidente múltiple de 14 vehículos

10/02/2024 14:36

Oito persoas quedaron feridas leves e outras 20 saíron ilesas

O accidente provocou retencións de 10 quilómetros


O bar está situado na rúa Pazos Fontenla de Bueu, aquí nunha imaxe deste mércores

Investigan o roubo nun bar de Bueu en que o camareiro apareceu inconsciente no aseo

07/02/2024 13:11

A Garda Civil prosegue coas pescudas arredor dun roubo do que se descoñece a contía e en que non se observaron sinais de violencia


@policialocalvlc

Detido en Valencia por matar a pedradas unha persoa sen fogar e deixar en estado crítico outra

07/02/2024 12:16

O detido é outra persoa sen fogar que se entregou nunha comisaría da Policía Local 


Tres mulleres quedan feridas en Lugo nunha liorta entre familias rivais

06/02/2024 13:29

As mulleres precisaron asistencia médica ao seren molladas con aerosol defensivo


Ferido o condutor dun turismo que envorcou en Pantón

29/01/2024 09:39

O vehículo que conducía saíu da vía pola dereita e colidiu contra un noiro 


Morren tres soldados e unha vintena quedan feridos nun ataque con drons

28/01/2024 21:16

É a primeira vez dende o inicio da guerra que morren soldados estadounidenses na rexión


Ferido grave un home apuñalado na cabeza por un menor de 16 anos en Mijas

26/01/2024 18:36

O home tivo que ser intervido cirurxicamente de urxencia e trasladado á UCI


Detido en Nigrán por ameazar un inquilino cunha arma de fogo

19/01/2024 13:33

O presunto ocupante ilegal quedou ferido nunha perna no decurso dunha pelexa

Cinco investigados máis por supostos delitos de violación de morada, ameazas, lesións e coaccións


Un dos accidentes ocorridos na Avenida Alfonso Molina, á entrada da Coruña

Colapso nos accesos á Coruña por varios accidentes de tráfico, sen vítimas mortais

11/12/2023 21:20

Tres feridos, dous deles menores, nunha colisión na avenida Salgado Torres

Un turismo envorcou na AP-9 á altura de Cambre

Tráfico denso e lento na Avenida Alfonso Molina 


Inmediacións do Casino da Coruña, onde foi a agresión

Posto en liberdade con medidas cautelares o detido polo acoitelamento da Coruña

21/11/2023 19:03

O ferido foi operado e xa recibiu a alta

Categorías:  A Coruña   Sucesos
Etiquetas:  DETENCIÓN   FERIDOS

Un mozo ferrolán é apuñalado e trasladado ao CHUAC para unha cirurxía de urxencia

19/11/2023 18:48

Os feitos tiveron lugar arredor das 3 da mañá no centro histórico de Ferrol

O mozo foi atacado nas costas cun obxecto punzante

O presunto agresor non foi detido á espera de que a vítima decida presentar unha denuncia


Liberada unha das tres persoas feridas nun accidente en Tomiño

12/11/2023 10:16

Dous coches bateron de madrugada á altura da parroquia de Amorín, en Tomiño


Seis persoas continúan hospitalizadas, dúas delas en estado crítico

12/10/2023 14:05

O pai da familia e outro dos feridos son os que están en estado máis grave 

Na UCI pediátrica do Hospital Materno Infantil da Coruña permanece ingresada a máis pequena da famila

Dos outros tres feridos, un saíu xa da Unidade de Coidados Intensivos e está en planta e os outros dous seguen na UCI
 


Dúas menores, feridas leves por un fallo nunha atracción das festas de San Froilán

07/10/2023 10:22

Foron evacuadas polo equipo sanitario ata o centro hospitalario de referencia, segundo informou o 112


Unha falecida e dous feridos graves en varios accidentes de moto en Madrid

01/10/2023 11:07

A Garda Civil xa investiga as causas dos dous accidentes



Imaxe da Radiotelevión do Principado de Asturias

Unha falecida e 27 afectados nun incendio nunha residencia de anciáns en Asturias

13/09/2023 08:50

A persoa ferida de maior consideración é unha traballadora de 46 anos que foi trasladada con prognóstico grave ao Hospital Universitario Central de Asturias

Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 52 resultados.