Publicador de contidos

Contido con Temática Sucesos .

Publicador de contidos

Contido con Temática Sucesos .

Sucesos

Pillan dous ladróns en Viveiro roubando en estado ebrio

14/05/2024 14:38

Foi nun bar de Covas, en Viveiro, e foi o camareiro doutro negocio o que avisou a policía

A rápida intervención dos axentes fixo que o roubo quedara nun intento

Etiquetas:  ROUBOS

A acusada de roubar un bebé no Hospital de Basurto recoñece os feitos e pide perdón aos pais

14/05/2024 14:37

A Fiscalía pide para a acusada 4 anos de prisión por un delito de detención ilegal

Etiquetas:  BEBÉ

Andrea Bruni, suposto líder da 'Ndrangheta, durante a súa detención en 2010. (EFE/Francesco Arena)

Golpe á 'Ndrangheta, a poderosa mafia calabresa

14/05/2024 14:30

A operación policial rematou con 129 detidos na área de Cosenza

Atribúenselles delitos de asociación mafiosa, extorsión, lesións, narcotráfico, posesión de armas e roubos

Un axente da policía económica italiana encóntrase suspendido

Trátase da maior mafia de Italia, cunha facturación aproximada de 50.000 millóns de euros


Os incendios en vivendas provocan máis de 200 mortes ao ano en España

14/05/2024 14:30

Os expertos din que con pautas moi sinxelas pódese evitar que un incendio nunha vivenda acabe en traxedia

Etiquetas:  INCENDIO

O lume iniciouse, sospeitan que por un curtocircuíto, durante o peche de mediodía da tenda situada na rúa Poñente de Carballo

Un incendio arrasa unha tenda no centro de Carballo

14/05/2024 13:23

O sinistro obrigou ao desaloxo das vivendas lindeiras e da gardería próxima 

Etiquetas:  INCENDIO

Os veciños de Nespereira, en Pazos de Borbén, cortan unha estrada pola súa perigosidade

14/05/2024 13:10

A EP-2702 canalizou o tráfico pesado, que xa non pode circular polo núcleo urbano de Redondela

Os veciños levan anos protestando por unha vía estreita, con moitas curvas perigosas, e polo que circulan a diario tres autobuses escolares


Os afectados polo incendio de Rábade ocupan unha vivenda da vila

14/05/2024 12:52

Aseguran que ninguén quere alugarlles outra casa nin poden seguir nos hoteis

O Concello cre que a ocupación fai máis difícil atopar outro inmoble para alugar


Rafael Amargo, absolto de vender droga dende a súa casa

14/05/2024 11:39

Amargo, que acudiu co seu avogado á Audiencia Provincial para coñecer a sentenza asegurou que estaba "contento" e "moi nervioso"


Momento da demolición da ponte (Reuters/Leah Millis)

Demolen parte da accidentada ponte de Baltimore e empezan a liberar o buque Dalí

14/05/2024 10:01

A operación permite avanzar para a habilitación deste importante paso marítimo

Categorías:  Mundo   Sociedade   Sucesos
Etiquetas:  OS EUA   PONTE

Morre un operario ao caerlle unha árbore enriba no alto da Curota en Ribeira

13/05/2024 19:27

Os servizos médicos do 061 só puideron confirmar o seu falecemento 

O Instituto Galego de Seguridade e Saúde laboral abriu unha investigación para aclarar as causas deste accidente laboral mortal


A herba seca complica a extinción dun incendio nunha nave agrícola de Santiago

13/05/2024 15:24

Os veciños de Aríns alertaron o 112 na tarde do domingo ao ver unha gran fumareda 

Para evitar que se reavivara o lume houbo que sacar toda a herba almacenada na nave


Os exercicios Marsec-24 escollen A Coruña como espazo de adestramento para as forzas de seguridade

13/05/2024 15:04

O simulacro recrea o secuestro dun transatlántico por un grupos terrorista xihadista con presenza de explosivos a bordo


Arranca o xuízo pola morte de Manuela Chavero hai oito anos en Monesterio

13/05/2024 14:54

A Fiscalía e as tres acusacións particulares piden para Eugenio Delgado prisión permanente revisable

A defensa pide a libre absolución por falta de probas


Rescatan en Moaña unha condutora que caeu por un desnivel de dez metros de altura

13/05/2024 14:39

Malia a caída e a aparatosidade do sinistro, só sufriu feridas leves

Os bombeiros tiveron que abrir todo o lateral do coche para extraela

Empregaron unha polea para sacala do lugar ata a ambulancia


A policía busca os pais do bebé que apareceu morto nun colector do lixo en Madrid

13/05/2024 14:12

Ao parecer o bebé tiña algunha mazadura e sangue no nariz

Axentes do Grupo V de Homicidios da Policía Nacional investigan o sucedido nun distrito de Baraxas

Etiquetas:  BEBÉ

Asaltan de madrugada unha tenda de artigos de bebé en Santiago

13/05/2024 13:58

Non levaron mercadorías, pero si 300 euros da caixa rexistradora

Para acceder ao local rebentaron a porta automática de cristal, valorada en 6.000 euros

 

 

 


Os veciños denuncian o abandono da estrada de Camposancos, en Vigo

13/05/2024 13:33

Reclaman dende hai anos beirarrúas ao Concello de Vigo

Peóns e peregrinos percorren a pé todos os días o camiño entre coches a gran velocidade


Queixas por ruídos nocturnos nas obras da estación de tren de Lugo

13/05/2024 12:42

Os traballos máis ruidosos danse cara a rúa Montero Ríos

Os veciños piden que se coordinen as obras para evitar molestias


Morre un ciclista de 64 anos tras precipitarse mentres circulaba por unha estrada de Lalín

13/05/2024 08:22

O suceso produciuse na EP-6004, entre os quilómetros 4 e 5, en Gresande, Lalín

As forzas da orde tratan de esclarecer as circunstancias que rodean o suceso


Caos do transporte na xornada electoral polo roubo de cobre e os incendios en Rodalies

12/05/2024 20:27

Os trens de proximidades non funcionaron durante horas e iso afectou tamén ao transporte de bus e taxi

As xuntas electorais provinciais decidiron finalmente non ampliar o horario de votación, como pedían Junts e ERC


Os bombeiros de Santiago sufocan un incendio nun pendello en que se amoreaba palla

12/05/2024 19:40

Un incendio declarado nunha granxa da parroquia de Aríns contra as tres da

Imaxe de arquivo do río Anllóns

Rescatado no río Anllóns o cadáver dunha persoa desaparecida en Carballo

12/05/2024 18:59

Perdéraselle a pista este sábado na parroquia de San Xoán Baustista


Axentes da Policía Nacional no lugar onde apareceu o cadáver do bebé en Madrid

Localizan un bebé morto entre cubos de lixo en Madrid

12/05/2024 16:14

O cadáver do meniño atopouno un veciño que ía depositar o lixo entre uns colectores de residuos no distrito de Baraxas

Axentes do Grupo V de Homicidios da Policía Nacional investigan o sucedido


O incendio da nave industrial de Tomiño está controlado pero non extinguido completamente

12/05/2024 13:49

O incendio da nave industrial de Tomiño está controlado despois de case 24 horas. O Plan

Equipo de @Garda Civil Milladoiro

Investigan dúas persoas acusadas de ciberestafa de 9.000 euros a un veciño de Teo

12/05/2024 12:33

O equipo de ciberdelincuencia da Garda Civil do Milladoiro resolveu o caso tras identificar dous homes, un en Ferrol e outro en Donostia, que se fixeron pasar por empregados do seu banco

Utilizaron as técnicas denominadas vishing e spoofing para entrar nas contas do prexudicado


Operación da Garda Civil contra o narcotráfico

Comisan en Huelva 12 toneladas de haxix e seis lanchas de narcos

12/05/2024 11:29

Tres das embarcacións semirríxidas contaban con catro motores cada unha

Os axentes detiveron na operación sete persoas

A presión policial no Campo de Xibraltar está a mover os traficantes cara a costas como a onubense


O GES de Lobios e axentes da Garda Civil durante o rescate

Rescatan unha muller tras caer nunha zona de dificil acceso en Lobios

12/05/2024 09:52

Emerxencias despregou un amplo operativo para evacuar á accidentada que fracturou unha perna nunha zona de montaña

Ante a imposibilidade de mobilizar o helicóptero, os efectivos chegaron á zona nun todo terreo


A nai do neno Gabriel emprenderá accións legais pola gravación dunha película sobre o seu fillo

11/05/2024 21:33

Denuncia que a produtora do filme gravou entrevistas coa asasina dentro do cárcere

Reclama que atenta contra o honor e a memoria do seu fillo e contra os dereitos da familia

Etiquetas:  ASASINATO

Un motorista falece nunha saída de vía no municipio de Bande

11/05/2024 20:07

Foi no quilómetro 45 da estrada OU-540 pouco antes das sete da tarde


Os bombeiros na extinción das lapas na nave hortícola incendiada en Tomiño

Un incendio arrasa unha nave hortícola en Tomiño e mobiliza bombeiros de Galicia e Portugal

11/05/2024 17:34

A Xunta activou o Plan Territorial de Emerxencias con efectivos do sur de Pontevedra e do norte de Portugal

A columna de fume era visible a máis de cinco quilómetros de distancia

 


Estado en que quedou o coche do investigado

Investigan o condutor do accidente de Gondomar en que morreu un motorista

11/05/2024 17:25

Dera negativo nas probas de alcol e drogas, pero pescudan se fixo un adiantamento non permitido na zona

O seu turismo e a moto da vítima bateran na medianoite do pasado 25 de abril na estrada PO-340


Desmantelan o laboratorio de cannabinoides sintéticos máis complexo topado en España

11/05/2024 10:34

Operaba desde facía dous anos nunha nave industrial de Morón de la Frontera (Sevilla)

A Policía Nacional interveu 15 quilos de  metanfetamina e 121 quilos de precursores

Tamén toparon instrumental específico valorados en máis de 300.000 euros


Detidos dous homes en Rianxo por un presunto delito de tráfico de drogas

11/05/2024 09:55

Están a ser investigados pola suposta venda de estupefacientes nun domicilio en que residían catro persoas adultas e tres menores


O lugar do accidente

Falece un motociclista tras bater contra unha furgoneta en Mesía

10/05/2024 21:19

O accidente foi na estrada que enlaza Visantoña coas Travesas


O Supremo confirma a multa a 3 empresas por condicionar as reservas no cámping de Ons

10/05/2024 19:13

As empresas condenadas son Navieira Illa de Ons, Iniciativas Turísticas de Ons, e Viaxes Illa de Ons 

As tres sancións suman case 90.000 euros


Trens colididos en Bos Aires. REUTERS/Agustín Marcarian

Un choque de trens en Bos Aires deixa 60 feridos, 30 deles graves

10/05/2024 18:45

Investigan as causas que levaron o convoi ao chocar cunha locomotora parada

Dúas persoas sufriron traumatismos craniais e foron evacuadas da zona en helicóptero


Imaxe de arquivo

Morre afogado en Benicàssim un adolescente que xogaba ao voleibol no San Sadurniño

10/05/2024 18:06

O mozo de 16 anos morreu nunha piscina dun hotel no que estaba concentrado para o Campionato de España Cadete de Voleibol


Colocan táboas con cravos en lugares onde estaciona o coche radar da Garda Civil

10/05/2024 14:16

A denuncia faina a Asociación Unificada de Gardas Civís que ve esta práctica coma un delito contra a seguridade viaria

A primeiras sospeitas xorden despois de que no último mes se disparara en Lugo o número de picadas nos vehículos que Tráfico ten equipados cos radares móbiles


As familias dos falecidos no naufraxio do Villa de Pitanxo, satisfeitas con que non se anule o informe dos peritos

10/05/2024 14:09

O auto da Audiencia Nacional considera improcedente a petición formulada pola armadora e o patrón que solicitaba a anulación do informe dos peritos xudiciais


A familia do turista valenciano ingresado en coma na UCI en México pide axuda para os gastos de hospital

10/05/2024 14:05

O home sufriu un accidente na piscina do hotel onde se aloxaba que lle provocou unha parada cardiorrespiratoria

Publicidade
Publicidade