Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan un incendio que afectou cinco coches nun taller de Ourense

Investigan un incendio que afectou cinco coches nun taller de Ourense

A lapas calcinaron tres furgonetas e causaron danos noutros dous vehículos

G24.gal 22/04/2024 13:58

O incendio comezou contra as 6 e media da mañá. O ruído de varias explosións alertou aos veciños que viven preto do taller mecánico, situado na travesía Vía Vella da cidade de Ourense, ao carón da nacional 120, na saída cara a Vigo.

Ata o lugar trasladáronse efectivos da policía nacional e da local así como os bombeiros que se centraron en evitar que as lapas se estenderan ao resto de vehículos que había no aparcadoiro empregado polo taller.

O lume afectou gravemente a tres furgonetas e causou danos noutros dous coches. Segundo os bombeiros, a propagación das lapas foi estraña. Polo momento descoñécese que aconteceu. O propietario do negocio está convencido de que foi intencionado. A Policía Nacional investiga o sucedido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar