Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre en Trasmiras un home atropelado accidentalmente polo seu fillo, que daba marcha atrás co coche

Morre en Trasmiras un home atropelado accidentalmente polo seu fillo, que daba marcha atrás co coche

A vítima foi alcanzada cando o turismo manobraba no patio dunha casa no lugar de Soutelo, segundo informaron os servizos de emerxencia

G24.gal 15/04/2024 08:49 Última actualización 15/04/2024 14:38

Un home de 72 anos faleceu ao ser atropelado por un turismo que conducía o seu fillo cando realizaba manobras no interior dunha propiedade privada do municipio ourensán de Trasmiras.

O suceso tivo lugar ás 21:00 horas do pasado domingo, cando a vítima foi alcanzada por un coche que daba marcha atrás no patio dunha casa situada no lugar de Soutelo, segundo informaron os servizos de emerxencia.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade