Publicador de contidos
Publicador de contidos

O acceso á vivenda segue a condicionar a elección entre mercar ou vivir de alugueiro

O acceso á vivenda segue a condicionar a elección entre mercar ou vivir de alugueiro

O principal inconveniente: o financiamento e a achega inicial, que adoita ser dun 20 % do prezo total

G24.gal 16/04/2024 21:13 Última actualización 16/04/2024 21:30

En Galicia hai preferencia por mercar unha vivenda no canto de alugala. O principal inconveniente: o financiamento e a achega inicial, que adoita ser dun 20 % do prezo total.

"Se a xente puidera acceder ao financiamento xa estariamos en que igual é máis barato ou case o mesmo prezo comprar que alugar. O problema que temos a día de hoxe para mercar é o financiamento", asegura Emma Martínez, presidenta da Asociación Galega de Inmobiliarias (Agalin). 

Segundo o informe de Gesvalt, no primeiro trimestre do ano en Galicia o prezo da vivenda subiu un 1,7 %. A suba máis significativa foi a da Coruña, un 6,8 %, que sitúa o m2 a 1.220 euros.

"Un piso de 100 m2 en Coruña a media son 122.000 euros, pero realmente é a media de toda a provincia e inclúe obra nova e vivenda de segunda man. Nas cidades é moi difícil atopar vivenda por ese importe", engade a presidenta de Agalin. 

En canto ao alugueiro, Galicia rexistrou xaneiro e marzo unha suba do 4,4 % con respecto ao ano pasado. De media unha vivenda de 100 m2 alúgase por máis de 740 euros ao mes.

"É un alugueiro bastante elevado para calquera que queira empezar unha vida en solitario ou mozo que queira independizarse ou incluso para unha familia", segundo di Emma Martínez.

Desde o sector inmobiliario apuntan a unha mellora do acceso á compra.

"Á parte de que a partir de xuño se prevé que baixe algo o euríbor e que baixen un pouco as hipotecas e sexan máis accesibles, tamén hai un proxecto do Goberno de avalar o 20 % das hipotecas", di a presidenta da Asociación Galega de Inmobiliarias.

O sector confía nunha reactivación do mercado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade