Publicador de contidos

Contido con Temática Consumo .

Publicador de contidos

Contido con Temática Consumo .

Consumo

Na aldea de Puxedo, en Lobios, levan ano e medio agardando pola fibra óptica por falta de tendido

14/05/2024 14:22

Os veciños, que demandan o servizo para os seus negocios e as súas xestións diarias, din estar fartos de presentar reclamacións


O IPC repunta en abril ata o 3,3 % e os alimentos volven subir

14/05/2024 09:00

Esta repunta débese á suba do prezo do gas, fronte á baixada en abril do ano pasado, e a unha menor caída do custo da electricidade respecto ao ano pasado

O IPC sobe en Galicia ata o 3,7 %

Etiquetas:  IPC   GAS   ALIMENTOS

Alugar coche para desprazamentos puntuais e por horas, nova opción máis sinxela e flexible

13/05/2024 14:40

Emprendedores ourensáns desenvolven unha plataforma para dar cun coche ao que se pode acceder en cuestión de minutos


As vivendas en alugueiro na zona centro de Lugo poden chegar ata os 1.200 euros mensuais

O alugueiro de pisos encarece en Galicia, e Lugo é a capital onde máis subiron os prezos

13/05/2024 13:57

O estudo do portal Fotocasa sinala que, malia este encarecemento, os lugueses só destinan un 26 % do soldo a pagar o alugueiro


Asesores tributarios din que aumentaron as consultas por cambio de residencia polo imposto ás grandes fortunas

08/05/2024 14:24

A Asociación Española de Asesores Fiscais celebra ata o venres na Coruña o seu XVIII Congreso Tributario


Abre o prazo para presentar a declaración da renda por teléfono

07/05/2024 08:39

Os que prefiran acudir ás oficinas da Axencia Tributaria deberán agardar ata o 3 de xuño

Nos municipios de menos de tres mil habitantes, os maiores de 65 anos poderán recibir atención por videoconferencia en depedencias municipais


O Bono Comercio da Xunta esgótase en cinco días

02/05/2024 16:18

Nese tempo investíronse máis de dous millóns de euros en axudas

Etiquetas:  AXUDAS

A gasolina suma xa quince semanas de alzas e toca un novo máximo anual

02/05/2024 12:59

No que vai de ano, a gasolina encareceu un 10 % e o diésel, un 3,2 %


Algunhas panaderías subiron unha media de cinco céntimos por barra de pan

O pan sobe de prezo polo incremento dos custos salariais e de produción

30/04/2024 14:13

Polo momento tan só subiron prezos algunhas panaderías, pero no sector agardan que moitos negocios máis o fagan nas vindeiras semanas


O euríbor baixa en abril e abarata as hipotecas por primeira vez en dous anos

30/04/2024 12:38

O indicador máis utilizado para calcular as hipotecas variables en España pecha abril cunha taxa media do 3,703 %


Xa se descargaron 300.000 Bonos Activa Comercio, operativos dende o pasado venres

29/04/2024 20:45

O bono está dotado cun fondo total de 2,5 millóns de euros

Adheríronse a esta quinta edición do bono en toda Galicia 6.583 comercios

Bonifícanse ata 30 euros por usuario e un tope de 15 euros en cada compra


Xa se pode descargar o bono comercio da Xunta

26/04/2024 08:54

Os bonos de desconto de 30 euros para comprar en comercios poderán empregarse ata que se esgote a partida de 2,5 millóns de euros


As reservas de autocaravanas para o verán comezan a estar completas

25/04/2024 22:09

En temporada alta, as viaxes son mínimo de sete días


Sinatura dunha hipoteca (Europa Press/Eduardo Parra)

O TXUE establece que o prazo para reclamar gastos hipotecarios empeza cando se anula a cláusula abusiva

25/04/2024 12:14

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea entende que é esa data en que adquire firmeza e cando o consumidor está en condicións de facer valer eficazmente os dereitos 

Etiquetas:  VIVENDA   HIPOTECAS

A gasolina acada un novo máximo anual tras encadear máis de tres meses á alza

25/04/2024 10:47

O prezo medio do litro de gasolina sitúase xa nos 1,686 euros, o seu nivel máis alto desde mediados de outubro

O prezo medio do litro de diésel acabou coa súa serie de catro semanas á alza, tras abaratar esta un 0,13 %, para caer ata os 1,558 euros


A Eurocámara dá luz verde ás novas regras europeas de control de déficit e débeda

23/04/2024 13:48

A nova disciplina fiscal europea mantén os límites á débeda e o déficit público previstos, no 60 % e o 3 % do PIB, pero déixalles máis marxe aos países para elixir o ritmo do axuste e investir en transición verde, dixitalización ou defensa

Desde os Verdes e a Esquerda consideraron que estas regras son "unha camisa de forza" que condenan a unha "austeridade perpetua"


A Policía Local vixiou desde primeira hora o mercado para evitar incidentes e sancionou vendedores ilegais

O mercado lugués de Frigsa estrea normas entre queixas dos feirantes polo cobro de taxas

23/04/2024 13:19

A Policía Local mantivo unha vixilancia estreita para evitar problemas na instalacións dos postos


O Banco de España alerta dos efectos negativos de limitar os prezos do alugueiro

23/04/2024 12:04

Destaca a contracción da oferta nas áreas reguladas, o cambio de uso das vivendas ao alugueiro de tempada ou á vivenda turística e o descenso da calidade da vivenda por un menor mantemento

O banco recoñece que o alugueiro turístico "despraza" a vivenda residencial e sobe os prezos de compra e alugueiro

O regulador calcula que cómpren 600.000 vivendas novas en España ata 2025

As inmobiliarias prevén que a venda de vivenda suba "entre un 15 % e un 20 %" este ano


Edificio en construción en Ourense (Europa Press/Agostime)

As inmobiliarias prevén que a venda de vivenda suba "entre un 15 % e un 20 %" este ano

23/04/2024 10:28

A presidenta da Asociación Galega de Inmobiliarias (Agalin) considera que os prezos seguirán "á alza", especialmente, na Coruña, Pontevedra e Vigo

Emma Martínez avoga por reactivar a "obra nova" para responder á demanda e axudar a conter os prezos

Afirma que no mercado do alugueiro hai "un problema de oferta moi gordo" que está disparando as tarifas


A motorización sostible, cada vez máis consolidada nos mercados

20/04/2024 14:41

Se ben os prezos dos automóbiles eléctricos teñen un punto de partida máis elevado, estes vanse equiparando aos de combustión


A oferta de pisos para alugueiros de longa duración cae a mínimos históricos

20/04/2024 14:28

En Galicia hai pouco máis de 2.200 vivendas dispoñibles, un terzo menos que en 2020

Etiquetas:  VIVENDA   ALUGUEIRO

En Carballeda de Avia, quen non deposita ben o lixo recíbeo de volta na súa casa

19/04/2024 14:11

É a peculiar campaña de reciclaxe posta en marcha polo Concello, pero que está a ter moi bos resultados, xa que reduciron á metade os residuos orgánicos

Tamén abaratou o servizo de recollida do lixo, a taxa está conxelada en 58 euros anuais


Soben os prezos dos seguros dos coches

19/04/2024 11:36

A alta sinistralidade e a inflación que encareceu as reparacións están detrás desta suba

A suba media é dun 30 %, son 200 euros máis ao ano


As zonas tensionadas e os pisos turísticos, a debate no V Congreso Inmobiliario de Galicia

18/04/2024 21:27

Os diferentes actores implicados coinciden no diagnóstico. En Galicia, como no resto de España,
Etiquetas:  ALUGUEIRO

Faltan pisos para alugar en Pontevedra e os prezos dispáranse

18/04/2024 16:24

As inmobiliarias calculan que as vivendas de alugueiro están un 30 ou 40 % máis caras que hai catro anos


O PP propón medidas urxentes para facilitar o acceso á vivenda e contra a ocupación

18/04/2024 14:55

A receita dos populares pasa por máis solo para vivendas e incentivos fiscais a propietarios que poñan unha casa en alugueiro

Etiquetas:  PP   VIVENDA

A gasolina sobe en España a 1,67 euros o litro e encadea tres meses á alza

18/04/2024 09:16

En comparación coas mesmas datas do exercicio anterior, o prezo da gasolina é agora un 1,51 % máis caro, mentres que o do diésel subiu un 2,69 %

Desde comezos de 2024, a gasolina encareceuse un 9,25 % e o gasóleo preto dun 4,5 %


O acceso á vivenda segue a condicionar a elección entre mercar ou vivir de alugueiro

16/04/2024 21:13

O principal inconveniente: o financiamento e a achega inicial, que adoita ser dun 20 % do prezo total

Etiquetas:  VIVENDA   ALUGUEIRO

O prezo do cacao, polas nubes

16/04/2024 14:16

O cacao subiu un 135 por cento no último ano, porque a colleita foi escasa

De momento a suba non se nota tanto nas tendas, pero os fabricantes xa van avisando

Etiquetas:  PREZOS

A Xunta volve abrir a campaña de bonos con descontos para o pequeno comercio

16/04/2024 14:10

Nesta edición invisten dous millóns e medio de euros, e contan con mobilizar 12 millóns en vendas

As tendas que queiran participar poden sumarse desde hoxe


A Ribeira Sacra sofre o descenso do consumo de viños tintos en todo o mundo

15/04/2024 19:00

A Ribeira Sacra é a zona galega máis afectada porque o tinto é o 80 % da produción

Os sommeliers lembran que os cambios no consumo de viño son cíclicos


Pecha o salón do automóbil de ocasión de Ourense cunhas vendas do 30 %

14/04/2024 20:30

A sexta edición do Car Outlet recibiu 3.500 visitantes durante a fin de semana

Despacharon 108 vehículos e contan con pechar máis operacións nos próximos días

 


As vivendas turísticas da Coruña triplican a oferta de alugueiro convencional

14/04/2024 13:30

Segundo un estudo do COAG, en zonas do centro hai 20 prazas turísticas por cada 100 residentes


A cesta da compra básica custa 50 euros máis que hai cinco anos

13/04/2024 15:32

As familias optan por adquirir produtos de marca branca, sobre todo en droguería

 


O prezo do aceite de oliva continúa en ascenso

12/04/2024 14:25

Está un 70 % máis caro que hai un ano

Desde que comezou o 2024 xa incrementou entre un 7 % e un 23 % segundo o tipo que merquemos

Etiquetas:  ACEITE DE OLIVA

Unha avaría deixa un veciño de Viveiro sen auga desde hai 22 días

12/04/2024 14:13

Di que xa contratou un avogado e denuncia que a compañía do seguro non se quere facer cargo e non cumpre coa póliza


A inflación repunta ao 3,2 % en marzo e os alimentos modéranse un punto, ata o 4,3 %

12/04/2024 09:20

O aumento débese á suba do prezo da electricidade, despois de que o IVE do recibo da luz pasase do 10 % ao 21 % nese mes

O IPC sobe un 3,5 % en marzo en Galicia, dúas décimas por enriba da media de España


As feiras Enerxétika e Expomunicipal levan a Silleda máis de 6.000 persoas ata o sábado

11/04/2024 14:46

Enerxétika é unha mostra que se celebra bianualmente e que amosa as principais innovacións en produción enerxética sostible

A carón desenvólvese a primeira edición de Expomunicipal


Cada vez máis galegos se animan a vender a roupa que non usan e a comprar pezas de segunda man

10/04/2024 14:45

Segundo unha páxina de compravenda en liña de roupa usada, 8 de cada 10 galegos venden algún artigo que xa non quere


O Supremo anula parte do decreto que limita a publicidade do xogo e apostas en liña

10/04/2024 12:17

Trátase dos artigos que fan referencia ás actividades de promoción dirixidas a novos clientes, a aparición na publicidade de personaxes famosos e á prohibición xeneralizada para a difusión de comunicacións comerciais a través de servizos da sociedade da información

Anula os artigos que limitan a publicidade do xogo en plataformas de intercambio de vídeos así como os que regulan a posibilidade de levar a cabo a publicidade nas redes sociais

Publicidade
Publicidade