Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pecha o salón do automóbil de ocasión de Ourense cunhas vendas do 30 %

Pecha o salón do automóbil de ocasión de Ourense cunhas vendas do 30 %

A sexta edición do Car Outlet recibiu 3.500 visitantes durante a fin de semana

Despacharon 108 vehículos e contan con pechar máis operacións nos próximos días

 

G24.gal 14/04/2024 20:30 Última actualización 14/04/2024 20:52

O salón do automóbil de ocasión de Ourense pechou este domingo as súas portas cun bo balance de vendas malia non atraer o público previsto nunha fin de semana máis propia do verán.

O mercado dos coches usados ou de quilómetro cero segue medrando en Galicia. No primeiro trimestre do ano vendéronse catro veces máis que os vehículos novos. 

Desde que se inaugurou o venres pasado, o salón vendeu uns corenta coches diarios, un 30 % dos expostos e confían en pechar máis operacións nos días posteriores.

"Aquí podes velos todos xuntos e comparar. O prezo interesoume e aí está", comenta unha clienta que acaba de mercar un coche.

O prezo é o estímulo principal para a clientela desta feira.

"O cliente sempre busca o mellor prezo. Gastar o menos posible, que teña moitas axudas á condución e que consuma pouco", Teresa López, de Stellantis Ourense.

Aínda que tamén neste mercado subiron os prezos.

Eva André, xerente de COPERSA: "Antes, nas feiras de ocasión buscaban coches 3.000, 5.000, 8.000... Hoxe en día non existe ese vehículo, polo menos comercializado por servizos oficiais que lles queren dar a súa garantía e tranquilidade aos clientes".

As posibilidades abranguían desde os 7.500 aos 80.000 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade