Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños de varias aldeas de Palmés, en Ourense, denuncian a falta de cobertura móbil e Internet

Veciños de varias aldeas de Palmés, en Ourense, denuncian a falta de cobertura móbil e Internet

Levan anos agardando pola fibra óptica para solucionar os problemas de comunicación que afectan o seu día a día

Un veciño da Conchada busca cobertura
G24.gal 25/04/2024 13:50

Son máis dun cento os veciños de Palmés, a poucos quilómetros da capital ourensá, afectados pola falta de cobertura móbil e as dificultades de acceso a Internet.

Os problemas concéntranse, sobre todo, nas aldeas de Naves e A Conchada. Nesta última, moitos dos seus habitantes vense na obriga de subir a un outeiro para poder falar por teléfono. Unha situación que complica o seu día a día tanto para estudar, traballar ou solicitar unha cita médica e que xa obrigou a algunha familia a trasladarse á cidade.

Levan xa tres anos reclamando a instalación de fibra óptica ás distintas administracións e mesmo o Valedor do Pobo sen que polo momento  virán resolto o seu problema.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade