Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Real Academia Galega e a Xunta impulsan unha nova edición de 'Toponimízate'

A Real Academia Galega e a Xunta impulsan unha nova edición de 'Toponimízate'

A plataforma Galicia Nomeada recuperou máis de 67.000 microtopónimos en catro anos

G24.gal 09/10/2023 15:08

Non hai recuncho da nosa terra que non teña un topónimo específico co que recoñecelo.

Nomes de países, como é o caso de Exipto, ou relacionados cos animais, como Matacabalos. E moitos outros que fan referencia ás actividades que neses se desenvolvían.

É unha riqueza patrimonial que perduran grazas á memoria colectiva. Cada nome leva detrás a historia das persoas que habitaron esa terra, un legado que hai que manter e transmitir.

A campaña na que colaboran a Real Academia Galega e a Xunta de Galicia vai camiño de recuperar preto de 70 mil topónimos. A través da plataforma Galicia Nomeada, escolares, veciños e asociacións de cada recuncho de Galicia poden facer as súas achegas.

"Esa aldea, ese lugar ou ese camiño que crían que era algo sen importancia adquire unha dimensión insospeitada. É a revalorización e a implicación da xente. 3500 colaboradores non é unha parvada", di Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega.

Pequenos topónimos que permiten facer mesmo unha cartografía do país ao milímetro.

"Os servizos de emerxencias, os de extinción de incendios, os de cartografía. A ninguén se lle pode escapar que ter unha terra ben nomeada, e ben xeolocalizados eses nomes, é unha vantaxe enorme", explica Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística.

A sexta edición do proxecto Toponimízate chegará neste outono a unha ducia de concellos das catro provincias galegas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos