Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan as persoas que deixaron o mozo ferido de bala ás portas do Meixoeiro

Buscan as persoas que deixaron o mozo ferido de bala ás portas do Meixoeiro

A policía revisa as cámaras de seguridade para identificar o coche que o levou ata o centro sanitario

Tiña un disparo no abdome e tivo que ser operado de urxencia no hospital Álvaro Cunqueiro

G24.gal 30/03/2024 09:10 Última actualización 30/03/2024 19:49

Un mozo de 25 anos (coas iniciais MMC) quedou ferido de gravidade esta noite en Vigo despois de recibir un tiro no abdome. Arestora permanece ingresado na unidade de coidados intensivos do Álvaro Cunqueiro tras unha intervención de urxencia.

Primeiro, foi atendido no Meixoeiro. Tiña un orificio de entrada e outro de saída. O persoal sanitario, tras avisar ás forzas de seguridade, decidiron trasladado de hospital.

A Policía Nacional, que investiga as circunstancias do tiroteo, podería estar a revisar as cámaras de seguridade do Meixoeiro para tentar identificar o coche e as persoas que supostamente o deixaron ás portas do centro sanitario.

O lugar do tiroteo

Non se desbota que o disparo se producise fóra do termo municipal de Vigo. O agredido, de nacionalidade española, xa fora atendido noutra ocasión por unha ferida de arma branca no pescozo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade