Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jorge Prado pasa o rolo no circuíto de Arroyomolinos

Jorge Prado pasa o rolo no circuíto de Arroyomolinos

O piloto galego completou o Gran Premio perfecto. Vitoria na clasificatoria e nas dúas mangas que lle deron un suculento botín de 60 puntos.

G24.gal 24/03/2024 16:10 Última actualización 24/03/2024 16:38

Hai un circuíto que lle vai como anel ao dedo a Jorge Prado. É do madrileño de Arroyomolinos onde realizou unha fin de semana perfecta. O lucense exerceu unha tiranía á fronte do Mundial de Motocrós cun triplo triunfo e sesenta puntos que consolidan a súa posición de privilexio á fronte da clasificación xeral. 

A primeira carreira foi de dominio absoluto de Jorge Prado que saiu en cabeza e marcou unha distancia considerable desde o comezo. Febvre foi no segundo posto durante moitas voltas ata que apareceron Tim Gajser e Jeffrey Herlings. O esloveno gañou o duelo entre as alternativas ao lucense pero a máis de dez segundos dun Prado que estivo rozando a excelencia. 

A segunda carreira comezou do mesmo xeito, con prado facendo o hole shot e marchando en cabeza desde a primeira curva. Gajser tentou soldarse á súa roda pero perdía décimas en cada xiro ao circuíto de Arroyomolinos. Febvre viña na terceira posición remontando pero os dous lonxe do galego. 

O triunfo deixa a Prado como líder sólido do Mundial de Motocrós con dúas vitorias nas dúas probas disputadas. Na Arxentina houbo quen lle discutiu a primeira praza pero en Madrid realizou a carreira perfecta co triunfo na clasificatoria e nas dúas mangas e un pleno de 60 puntos moi difícil de conseguir. 

Despois das carreiras, o piloto lugués amosábase exhultante no micrófono da TVG: "Fin de semana incrible, con vitorias o sábado e dúas o domingo. Estou sen palabras. Rodei de xeito incrible, sen erros".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos