Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Bidasoa remata coa xeira vitoriosa do Balonmán Cangas

O Bidasoa remata coa xeira vitoriosa do Balonmán Cangas

Despois de cinco triunfos, o equipo equipo galego perdeu na pista do segundo clasificado (34-23)

G24.gal 26/04/2024 22:12

Rematou a serie vitoriosa do Cangas Frigoríficos do Morrazo que prolongara durante cinco xornadas. Visitaba a pista dun dos mellores equipos da Asobal, un Bidasoa Irún que non lle deu opción no partido ao conxunto galego. 

O Cangas aguantou os primeiros vinte minutos de partido (9-8) pero no treito final da primeira parte o ataque do equipo local resultou moi eficaz e conseguiu marchar ao descanso cunha vantaxe cómoda (17-11). 

O segundo tempo comezou cun demoledor parcial de 5-0 que acabou co encontro (22-11). As diferenzas chegaron a ser de trece goles (29-16) e pouca historia tivo un partido no que a lóxica xa dicía que os puntos ían quedar na casa. O vindeiro rival do Cangas tamén será case inaccesible, o Barcelona, antes de afrontar as dúas últimas xornadas que poden resultar decisivas para evitar o posto de play out

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos