Publicador de contidos

Publicador de contidos

Proba de altura para o Frigoríficos en Artaleku

Proba de altura para o Frigoríficos en Artaleku

O Frigoríficos viaxa no seu mellor momento do curso despois de sumar once dos últimos doce puntos en xogo na liga Asobal

O Cangas pode ter o premio de verse fóra do posto da fase de permanencia en caso de puntuar en Irún

G24.gal 25/04/2024 12:30 Última actualización 25/04/2024 12:38

A solidez do Bidasoa en Artaleku, onde só o Logroño e o Granollers conseguiron gañar esta tempada, supoñerá este venres un enorme desafío para o Frigoríficos do Morrazo, que terá o premio de verse fóra do posto da fase de permanencia en caso de puntuar en Irún.

A última vez que o equipo galego non se atopou entre os últimos tres clasificados foi o 14 de outubro de 2023. A pesar de caer na pista do Granollers (40-31), o Frigoríficos pechou a sexta xornada por diante de Cuenca, Porto Sagunto e Blendio Sinfín.

Unha situación que se repetirá se empata ou gana ao conxunto dirixido por Jacobo Cuétara, que tamén necesita a vitoria para defender a súa segunda praza despois de perder o pasado domingo ante o Ademar en León.

O encontro de Artaleku é de máxima esixencia, pero o Frigoríficos viaxa no seu mellor momento do curso despois de sumar once dos últimos doce puntos en xogo na liga Asobal, o que lle permitiu igualar na táboa co Rebi Cuenca e situarse a só tres puntos de Benidorm, Torrelavega e Puente Genil.

Nacho Moyano recupera para este partido ao extremo esquerdo Moisés Simes, que non puido xogar ante o Porto Sagunto por unha escordadura de nocello que se produciu no adestramento previo a ese partido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar