Publicador de contidos

Publicador de contidos

Yeremay destapa o tarro das esencias para manter o Deportivo no máis alto

Yeremay destapa o tarro das esencias para manter o Deportivo no máis alto

Os locais tiveron opcións para adiantarse na primeira metade, pero o canario decidiu o encontro con dúas xenialidades

G24.gal 23/03/2024 19:52

O Deportivo superou a proba fóra da casa ante o Raio Majadahonda, liderado por un gran Yeremay, que anotou os dous goles.

Na primeira metade viuse un Dépor nervioso e con varios erros, como o que tivo Parreño ao blocar o esférico. A piques estiveron de marcar os locais. Chegada a media hora, Yeremay comezou o seu show ao marcar o primeiro de Panenka, nun penalti cometido sobre el mesmo. Barbero tivo tamén algunha opción antes do descanso. Xa na segunda metade, Yeremay certificou a vioria cunha gran xogada que definiu coa esquerda dende a frontal da área. O gran desprazamento da afección deportivista viuse recompensado cunha vitoria que puido ser maior, pero os herculinos desaproveitaron un tres para un.

Co resultado, os galegos son líderes á espera do que fagan os perseguidores, polo que podería acadar algún que outro punto máis de vantaxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos