Publicador de contidos

Publicador de contidos

Támara Echegoyen pon a proa cara ao seu cuarto reto olímpico

Támara Echegoyen pon a proa cara ao seu cuarto reto olímpico

A mellor regatista galega de todos os tempos buscará a medalla que lle escapou no Río e en Tokyo

Logo será a capitá do proxecto español na Copa América feminina

G24.gal 04/04/2024 20:41

Serán os cuartos xogos olímpicos para Támara Echegoyen. A regatista galega atópase en Palma de Mallorca recuperándose dunha lesión e centrada en preparar a cita olímpica, o obxectivo prioritario nos que serán con case total seguridade os seus derradeiros xogos. 

O reto en París será volver a un podio olímpico. Ouro en Londres 2012, cuarta en Río 2016 e cuarta en Tokyo 2021 despois de tocar un bronce que lle escapou por mínimos detalles na Medal Race. 

Pero Támara sempre ten outros retos. Vai liderar un equipo español no maior acontecemento mundial de vela, unha regata que, logo de 173 anos de historia, terá competición feminina: a Copa América. Será iso a finais de setembro en Barcelona, pero meses antes, no campo de regatas de Marsella, chegará o gran desafío olímpico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade