Publicador de contidos

Publicador de contidos

Támara Echegoyen remonta ata o quinto posto no Mundial de 49er FX

Támara Echegoyen remonta ata o quinto posto no Mundial de 49er FX

A regularidade na terceira xornada permitiulle recuperar seis postos e asexar as prazas de medalla cando chegamos á metade da competición

G24.gal 07/03/2024 21:17

A galega Támara Echegoyen e mais Paula Barceló deron un salto importante na clasificación do Mundial da categoría 49er FX que se está a disputar en Lanzarote. Na terceira xornada de competición, a parella realizou unha actuación moi regular manténdose sempre nos postos altos en cada unha das catro regatas que se disputaron. 

No Q6 e no Q7 lograron un terceiro posto que lles permitiu pasar da undécima á quinta praza en que acabaron a xornada, a última antes do corte que se produce para a loita polas medallas. Aínda queda máis da metade de probas e moito por decidir, pero as favoritas xa se van colocando. 

No primeiro lugar atópanse Bobeck-Netzler (Suecia) con 20 puntos. Sácanlle tres á parella dos Países Baixos (Van Aanholt - Duetz) e dez ás italianas Bertuzzi-Germani. Echegoyen e Barceló atópanse con 39 puntos, a 19 do ouro e a 10 do bronce. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade