Carlos Callón: "Hai documentos que nos din moi alto e claro que a diversidade afectiva e sexual existiu ao longo da historia"
Carlos Callón: "Hai documentos que nos din moi alto e claro que a diversidade afectiva e sexual existiu ao longo da historia"
O libro de Carlos Callón Vidas e Historias LGBT da Idade Media propón unha nova visión o medievo
Antes de chegar ás librarías comezou o ruído, as discrepancias e mesmo as ameazas e insultos nas redes sociais
Este ensaio que tenta sacar a Idade Media do armario, está editado en Xerais
Antes de saír do prelo xa causou un maremoto nas redes sociais. 'Vidas e historias LGBT da Idade Media', de Carlos Callón, estuda e analiza textos literarios, históricos e legais do medievo para descubrimos unha época máis diversa e tolerante do que podíamos supoñer. Describe unha Idade Media onde había mulleres emparelladas, homes que xuraban lealdade por vida a outros homes e mesmo santos trans.