Publicador de contidos

Contido coa etiqueta zigzag .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta zigzag .

Zigzag

Iria Sobrado: "A 'Ultranoite cultureta' de Chévere 'non deixa títere con cabeza', pero tamén emociona"

27/01/2025 14:53

En escena: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Mónica García, Borja Fernández, Arantza Villar, Diego Anido, Xron e os músicos Xacobe Martínez Antelo, Manuel Cebrián e Carlos Freire

A Ultranoite é un formato teatral creado e desenvolvido na Sala Nasa de Santiago de Compostela a partir de 1993. 

Etiquetas:  ZIGZAG

Neves Rodríguez: "O poemario é un berro contra a sociedade que nos impide decir que estamos mal"

27/01/2025 14:47

'Cuspindo miserias', editado por Galaxia, é o primeiro poemario que publica Neves Rodríguez 

Son poemas descarnados e crus. Poesía visceral para ceibarnos do que abafa, un berro que dá voz ás dores mudas.

Categorías:  Galicia   Letras
Etiquetas:  ZIGZAG

Gustavo Pascual: "Só queremos agora que o mosaico nos sobreviva e quede aquí para as seguintes xeracións"

27/01/2025 14:44

A asociación Mosaico Romano de Panxón, os veciños e o Concello teimaron por devolver a Nigrán o seu mosaico romano

Os arqueólogos destacan o seu bo estado de conservación, sobre todo das cores, despois de pasar tantos centos de anos desde a súa realización

Categorías:  Galicia   Humanidades
Etiquetas:  ZIGZAG

Lucía Veiga: "Agora dígolle a todos: 'Se che apetece probar algo faino, dá igual todo o demais'"

26/01/2025 11:30

Lucía Veiga está proposta aos premios Goya como mellor actriz revelación

En Soy Nevenka interpreta a Charo Velasco a primeira persoa que apoiou a Nevenka

Lucía xa recibiu o ano pasado premio a mellor comunicadora nos Mestre Mateo e estivo proposta a mellor actriz de elenco nos Feroz

Categorías:  Galicia   Audiovisual
Etiquetas:  ZIGZAG

Irving Penn, o fotógrafo que entendía a cámara como bisturí e stradivarius á mesma vez

24/01/2025 17:09

Con esta cuarta mostra da súa serie dedicada a grandes fotógrafos, a Fundación MOP vai un paso máis aló das anteriores

 Irving Penn inventou en boa medida a fotografía de moda de alta costura creando un estilo máis artístico que comercial

Etiquetas:  ZIGZAG

Alicia López Pardo: "Aprendín máis ensinando no rural que nas tres universidades en que estudei"

24/01/2025 16:42

Foi unha das iniciadoras do movemento educativo Freinet en Galicia e formou parte tamén do equipo do programa Preescolar na casa 

"A historia da pita que elixiu a nosa escola para poñer"  foi un dos primeiros libros educativos editados en galego feito por alumnos

Alicia López forma parte na Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural
 

Categorías:  Galicia   Humanidades
Etiquetas:  ZIGZAG

Aser Álvarez: "Prisciliano enfrontouse ao poder e a corrupción entre o final dunha era e no inicio doutra"

24/01/2025 13:16

O priscilianismo avogaba pola renuncia á vida mundana e estedeuse por gran parte da Hispania romana

Prisiciliano foi executado na cidade de Trier no ano 385, e hai moitas hipóteses, ningunha definitiva, sobre onde está soterrado o seu corpo
 

Categorías:  Galicia   Audiovisual
Etiquetas:  ZIGZAG

Xosé Búa: "Os percebeiros cando saltan ás pedras deixan as súas almas na terra, coma guerreiros"

24/01/2025 13:07

O fotógrafo muxián retratou as xornadas de traballo no mar en Homes e mulleres de sal e ferro. Percebeiros da Costa da Morte, editado por Canela 

O relato visual vai acompañado de textos e poemas de sete autores da Costa da Morte

Etiquetas:  ZIGZAG

Jesús Silva: "'Querer' e 'Casa en Flames' falan do colapso da familia de diferentes maneiras"

23/01/2025 14:25

Os Premios Feroz entréganse este sábado no Pazo da Cultura de Pontevedra

Flow chega as carteleiras: un emocionante filme de supervivencia nos albores da extinción humana 
 

Categorías:  Galicia   Audiovisual
Etiquetas:  ZIGZAG

Diego Roca e Marta Pérez, creador e directora de 'Hexagonum'

Diego Roca: "O teatro de rúa non é cómodo, pero é marabilloso o caos e a anarquía que se xera"

23/01/2025 14:17

O espectáculo 'Hexagonum' o 31 de xaneiro abre o programa escénico de Vigocultura

No espectáculo participa unha vintena de persoas, entre técnicos, músicos e artistas

'Hexagonum' foi desenvolvido nunha residencia artística en Brest con Leonor Canales como titora
 

Etiquetas:  ZIGZAG

Mery Pais: "O feito de vestirnos diferentes non nos fai diferentes"

23/01/2025 14:16

En 'Ley eterna' Mery Pais emprega refinados e coloristas tecidos que como unha crisálida se agochan nunha túnica negra

É un traballo que continúa coa súa liña de investigación sobre a relixiosidade, as crenzas e as pontes entre culturas

Etiquetas:  ZIGZAG

Os actores María Ángeles Iglesias e Sergio Zearreta

Mª Ángeles Iglesias: "Esta peza é unha aposta polo que queremos que medre, o amor"

22/01/2025 12:44

'As formas do amor' é unha coprodución de Verdeveras Expresións Artísticas e o Centro Dramático Galego

A peza, dirixida por Gena Baamonde, reflexiona sobre o que chamamos 'amor' e incorpora a música e o humor

Próximas datas de 'As formas do amor': 24 de xaneiro, A Coruña, 14 de febreiro, Compostela, 8 de marzo, Viveiro

Etiquetas:  ZIGZAG

Marina G. Guerreiro: "Gústame crear a sensación de tempo detido"

22/01/2025 12:33

'Canción de río', unha mostra sobre os ciclos da auga e a súa relación coa memoria

Marina crea pezas froito da acumulación, que buscan a orde dentro da desorde

Mostra aberta na galería Néboa de Lugo ata o vindeiro 8 de febreiro

Etiquetas:  ZIGZAG

Carlos Negro: "Precisamos libros para reformular onde estamos a nivel colectivo"

21/01/2025 14:53

'Reconversión', de Santiago Cortegoso, fala da memoria histórica do Vigo proletario equilibrando o íntimo e o social

'Tres irmáns', de  Carlos Meixide, unha novela de aventuras que reivindica a paixón pola lectura coa comuna de París como pano de fondo

Categorías:  Galicia   Letras
Etiquetas:  ZIGZAG

Daniel Salgado: "Na miña escrita tento que quede constancia das nosas responsabilidades"

21/01/2025 14:50

'Poemas realistas', o novo poemario de Salgado publicado por Apiario, quere achegar ao poema a confusión da existencia

Explora as posibilidades do poema como testemuña dunha época ou a devoración dunha época que impón o poema

Categorías:  Galicia   Letras
Etiquetas:  ZIGZAG

Alberto Ardid: "Cada peza é unha pelexa a morte entre a pintura e mais eu"

21/01/2025 14:29

Alberto Ardid advirte: 'Cuidado com o cao', na sala Sirvent de Vigo

É unha mostra para perder o medo a mirar na que ironiza sobre o uso dos ganchos
 

Etiquetas:  ZIGZAG

Blanca Rodríguez: "A arte dexenerada xorde por querer encarrilar aos artistas en reximes fascistas"

20/01/2025 14:57

'Arte dexenerada galega. Catro exemplos fóra da España saudable', gañou o Premio Manuel Murguía de Ensaio de 2023

No libro abórdase o labor de Seoane, Granell, Mallo e Colmeiro como piares do compromiso artístico e axentes do cambio social 

O traballo dos vangardistas galegos non foi admitido na España franquista, o seu traballo floreceu en América e Europa

Etiquetas:  ZIGZAG

Adeus a Bernardino Graña

20/01/2025 14:37

O poeta do mar e do amor, Bernardino Graña, é autor de con composicións que pertencen hoxe ao cancioneiro popular

Nacido en 1932, incorporouse moi novo ao comité de redacción da revista Alba e foi membro  fundador do grupo Brais Pinto 

 

Categorías:  Galicia   Letras
Etiquetas:  ZIGZAG

Alberto Ramos: "Pensamos que hai unha dose de desgraza e logo tranquilidade, pero a vida non funciona así"

29/12/2024 11:30

Con 'Pirotecnia' Ramos gañou de novo o premio Repsol de narrativa breve

A novela comeza trala explosión dunha empresa de pirotecnia e as súas consecuencias

Unha sucesión de personaxes corais constrúen o relato desde a crítica social

Categorías:  Galicia   Letras
Etiquetas:  ZIGZAG

Nacho Muñoz e Mig Seoane, membros de IGMIG

IGMIG: "Facémonos moita graza a nós mesmos, é a esencia da revolución"

20/12/2024 15:19

Igmig é un grupo ecléctico que mestura rock, punk, progresivo, electro ou techno

En 'Revolución' entregáronse á liberdade creativa sen ataduras con colaboracións de Menina Arroutada e Queen Rendi

A xira de presentación comeza o 1 de febreiro en Cambados. No concerto incorpórase o baterista e performer Lar Legido. 

Categorías:  Galicia   Música
Etiquetas:  ZIGZAG

Margarida Mariño: "Inquiétanos moito o momento da transmutación no que pasas dun plano a outro"

20/12/2024 15:11

'Transmutation' é o proxecto de Margarida Mariño e Alex Allex que fusiona o cello coa música electrónica

As dez pezas deste traballo transitan por xéneros coma o ambient, o ritual e o neoclásico

O venres 27 de decembro, ás 19:30 h. actúan no auditorio do Concello de Vigo

Categorías:  Galicia   Música
Etiquetas:  ZIGZAG

Vari Caramés: "Nos 80 buscaba cousas constantemente, pero o tempo vaite temperando"

20/12/2024 15:07

A galería Moret Art na Coruña expón Souvenir, o universo visual desenfocado, impreciso e evocador de Vari Caramés

Trinta fotos que van desde os seus inicios profesionais nos anos oitenta cando revelaba no seu propio laboratorio ata imaxes en cor das súas últimas series fotográfica

Etiquetas:  ZIGZAG

25 anos sen Colmeiro, o pintor que quixo ser labrego

20/12/2024 15:05

Aos doce anos marcha para A Arxentina. Alí descobren o seu talento e fórmase como pintor e forma parte da Escola Española de París.

Consolida o seu propio estilo nas paisaxes con figuras, nos retratos de muller, nas escenas que tratou con notable sensibilidade social
 

Etiquetas:  ZIGZAG

O cinema deste Nadal que non pode pasar desapercibido, con Jesús Silva

19/12/2024 15:17

O crítico de cine salienta tres filmes sobre mulleres que rachan cos prexuízos das súas culturas e que parten dunha forte base documental

'La luz que imaginamos', de Payal Kapadia; 'Las novias del sur', de Elena López Riera, e 'La semilla de la higuera sagrada', de Mohammad Rasoulof, estreáronse no festival de Cannes

Categorías:  Galicia   Audiovisual
Etiquetas:  ZIGZAG

Lucía Aldao: "Recoñézome folclórica aínda que sexa unha moderna"

19/12/2024 15:14

En 'Pava 3' as letras coidadas planean sobre as melodías atravesadas por cuestións de xénero, identidade sexual, idade e lingua

Cando o EP, estrean o videoclip do tema 'Unha cadela chamada Por Favor', no que conta coa colaboración de Gloria Pavía

Concerto de presentación de 'Pava 3' o 5 de xaneiro na sala Mardi Gras da Coruña 

Categorías:  Galicia   Música
Etiquetas:  ZIGZAG

María von Touceda: "Querer ter todos o mesmo corpo fainos desgraciados"

19/12/2024 14:54

En 'Cinco lorzas metafísicas' María von Touceda verte sen rodeos as súas opinións sobre o mundo das aparencias

A autora tamén critica o pensamento de "todo vale" no ámbito da arte contemporánea

Categorías:  Galicia   Letras
Etiquetas:  ZIGZAG

Marta Dacosta: "Cando hai perda da memoria e identidade, sobrevóase o abismo"

18/12/2024 15:11

'Papaventos Abismados' é un canto á vida que se asenta no presente para reconstruír a memoria entre o esquecemento

Este poemario, editado por Apiario,  gañou o IV Premio Filomena Dato do Concello de Bergondo

Categorías:  Galicia   Letras
Etiquetas:  ZIGZAG

Mario César Vila: "O esgrafiado é unha técnica e un código que nos fala dos seus autores"

18/12/2024 15:07

O esgrafiado tradicional galego, declarado patrimonio cultural inmaterial, atópase sempre en lenzos de muros de cachotería de pedra local

O Museo do Pobo Galego abre o prazo de inscrición de filmes para a Mostra Internacional de Cine Etnográfico

Categorías:  Galicia   Humanidades
Etiquetas:  ZIGZAG

Javier Macipe: "'La estrella azul' é unha película que aposta pola vocación"

18/12/2024 14:56

'La estrella azul' está proposta a 8 Premios Goya e a 4 Premios Feroz

É a primeira longa de Javier Macipe, autor de curtas multipremiadas como 'Efímera' ou 'Cuídala bien'

O filme conta a historia do malogrado artista Mauricio Aznar, unha icona do rock zaragozano

Etiquetas:  ZIGZAG

Magín Blanco e Pepablo Patiño

Pepablo Patiño: "Xogamos no escenario como se fósemos nenos"

17/12/2024 15:20

 'A Nena e o Grilo camiño das cores' é a cuarta e última entrega deste espectáculo, unha viaxe fascinante ata o País das Apertas

O espectáculo pecha a saga despois de 'O País dos Abrazos', 'A nena e o grilo nun barquiño' e 'A nena e o grilo, máis alá' 

Etiquetas:  ZIGZAG

Carlos Negro: "Para Apiario editar é coidar cada libro como unha peza única"

17/12/2024 15:17

'Poemas realistas' é unha oración de resistencia política e íntima de Daniel Salgado

'Desenfoque', de Noelia Gómez, é un poemario que rexurde dende as sombras 

Categorías:  Galicia   Letras
Etiquetas:  ZIGZAG

'O fardel de guerra', de Conde Corbal, retrato dunha Galicia esmagada

17/12/2024 15:10

'O fardel da guerra' exponse na Casa Museo Casares Quiroga, un dos personaxes retratados nos gravados de Conde Corbal, canda Franco, Líster, Millán Astray ou Castelao 

Son 88 pezas que retratan unha Galicia golpeada pola guerra cunha mirada valleinclanesca    

Etiquetas:  ZIGZAG

Licantropías musicais con Amoebo, a Banda da Loba e Caamaño&Ameixeiras, con Rodrigo Cuevas

16/12/2024 15:57

'Lobishomes' adianta o disco 'Escándalo no oscuro' de Amoebo

'Lova', a primeira canción do disco Lovismo da Banda da Loba

Rodrigo Cuevas e Caamaño&Ameixeiras fan un pasodobre deslocalizado en 'Catro cousas'

Categorías:  Galicia   Música
Etiquetas:  ZIGZAG

Camiño Noia: "Francisca Herrera non tivo en vida a repercusión que se esperaba, a pesar de ser a primeira novelista galega"

16/12/2024 15:54

Francisca Herrera Garrido foi a primeira muller designada membro de número da Real Academia Galega en 1945

En 1920,  publica Néveda, a primeira novela en galego escrita por unha muller. En 1987 dedicóuselle o Día das Letras Galegas

Francisca Herrera Garrido tivo unha grande amizade con Murguía, que propiciou a súa entrada na RAG e na prensa local coruñesa

Categorías:  Galicia   Letras
Etiquetas:  ZIGZAG

Manuel Patinha: "En Galicia facer arte é moi doado, pódese combinar insistencia e creatividade"

16/12/2024 15:51

A retrospectiva descobre ao público algunhas das obras máis descoñecidas do artista portugués Manuel Patinha

Cinco salas acollen unha selección de traballos de pintura, escultura, gravado, fotografía e poesía baixo o nome 'Desassosegos 1970-2024' no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol
 

Etiquetas:  ZIGZAG

Valentín Carrera: "Frei Rosendo abandeira a loita contra a escravitude e incorpora a muller ao culto"

15/12/2024 11:30

Frei Rosendo Salvado fundou a misión de nova Nursia e avogou polo respecto aos aborixes australianos

Destacou como organista e compositor, e a serie, que se poderá ver en TVG en 2025, conta coa súa banda sonora
 

Categorías:  Galicia   Audiovisual
Etiquetas:  ZIGZAG

Jesús Silva: "'Te separas mucho' é un diálogo interxeracional sobre o que queda tras o amor"

12/12/2024 14:50

'Te separas mucho' emprega material familiar íntimo para falar de dous rupturas amorosas con trinta anos de diferenza

Dahomey reflexiona sobre as políticas coloniais e arte documentando a devolución á  República de Benín de obras do antigo Reino de Dahomey que se atopaban no Louvre

Categorías:  Galicia   Audiovisual
Etiquetas:  ZIGZAG

Cinema de xénero apocalíptico en 'Sen alma', o primeiro filme de Iago Barrado

12/12/2024 14:47

'Sen alma' estréase este venres no CityBlue Films Festival de Vigo

Nesta historia apocalíptica tres irmáns terán que sobrevivir a unha pandemia mundial

Un filme de baixo orzamento que aporta unha visión humanista ao cinema de zombis
 

Categorías:  Galicia   Audiovisual
Etiquetas:  ZIGZAG

Alberto Gracia: "A quinta esquina dunha cela sempre será a imaxinación"

12/12/2024 14:41

Na súa terceira longametraxa, Gracia, sitúanos no Ferrol postindustrial onde abisman un grupo de personaxes marxinais

A película toma seu título da Pensión La Parra de Ferrol, aberta desde hai máis de 50 anos, que ademais serve de escenario real

La Parra pasou por festivais como o de Rotterdam, Seminci, Curtocircuíto ou Novos Cinemas. Mañá estrease nos cines.

Etiquetas:  ZIGZAG

Blas González: "A perda da paisaxe implica tamén a perda da identidade e da memoria"

11/12/2024 15:56

Blas González amosa o imaxinario e a realidade da Limia en 'Cadernos da Limia: Paisaxe, identidade e memoria'

Blas Gonzalez parte da experiencia da súa nai que marcha a Venezuela coa lagoa fixada na retina e na memoria e cando volve atopa unha desfeita

A exposición na sala Apo'strophe de Vigo ven acompañada de recitais poéticos e conferencias que se estenden ata o mes de xaneiro

Publicidade
Publicidade