Blanca Rodríguez: "A arte dexenerada xorde por querer encarrilar aos artistas en reximes fascistas"
Blanca Rodríguez: "A arte dexenerada xorde por querer encarrilar aos artistas en reximes fascistas"
'Arte dexenerada galega. Catro exemplos fóra da España saudable', gañou o Premio Manuel Murguía de Ensaio de 2023
No libro abórdase o labor de Seoane, Granell, Mallo e Colmeiro como piares do compromiso artístico e axentes do cambio social
O traballo dos vangardistas galegos non foi admitido na España franquista, o seu traballo floreceu en América e Europa
A guerra é a expresión cruel do fracaso total. Un fracaso que arrasa tamén a cultura e as artes. O nazismo, no seu momento, quixo controlar tamén a expresión artística e creou un termo contra as vangardas que resultaban belixerantes. Chamoulle 'A arte dexenerada'. E o intento de crear unha arte mais 'saudable' chegou tamén a España co réxime franquista. Agora a investigadora Blanca Rodriguez Garabatos fálanos neste ensaio, 'Arte dexenerada galega' de catro artitas galegos que foron considerados 'herexes': Luis Seoane, Maruja Mallo, Eugenio Granell e Manuel Colmeiro.