Xaneiro é o mes dos infieis segundo unha plataforma de relacións extraconxugais
Xaneiro é o mes dos infieis segundo unha plataforma de relacións extraconxugais
Gleeden incrementa a súa actividade no primeiro mes do ano nun 450 %
Un de cada tres usuarios di que esta é unha vía de escape para esquecer as tensións acumuladas no Nadal
Hai quen combate a apesarada pendente de xaneiro sendo infiel. A plataforma de encontros extraconxugais Gleeden, que ten doce millóns de usuarios, homes e mulleres, incrementa a súa actividade no primeiro mes do ano nun 450 %.
"Paréceme que igual é algo un pouco nesgado. Paréceme unha cifra demasiado grande. Si que entendería un pico, igual que o do famoso despois do verán, pero tanto, tanto... O que si que creo é que veñen novos tipos de relacións e que teremos que ir vendo cales poden encaixar connosco e cales non porque non todo é para todos", conta a TVG o psicólogo Daniel Novoa.
Nunha enquisa realizada a 10.000 usuarios da plataforma o 36 % din que o motivo de estar máis activos en xaneiro, é dicir, de ser infieis, é que esta é unha vía de escape para esquecer as tensións acumuladas no Nadal.
O 14 % dos que foron preguntados na enquisa bótanlle a culpa de ser infieis ás redes e á omnipresencia de vidas alleas estimulantes e idealizadas.