A que fora unha aldea abandonada na Pontenova, finalista nos premios 'Ruralka 2024'
A que fora unha aldea abandonada na Pontenova, finalista nos premios 'Ruralka 2024'
A Casona da Labrada opta a ser o mellor hotel rural de todo o ámbito estatal
En tan só oito anos, Labrada pasou de ser unha aldea abandonada a converterse nun complexo hoteleiro que agora opta ao título de "Mellor Hotel Rural". Tras ser rehabilitado, o conxunto conta con catro casas e cinco hórreos, aos que se van sumar dous apartamentos e unha palleira.
Chámase a Casona da Labrada, encóntrase na Pontenova e está rexentado por Susana Sanz, unha madrileña que comezou adquirindo por internet varias casas da aldea.
Susana Sanz, xerente da Casona de Labrada: "Os muros de pedra estaban perfectos. Entón, visualizamos un lugar ideal para montar un complexo rural. Empezamos cun equipo de arquitectos e de paisaxistas a darlle forma, e todo isto levou uns anos".
O certame que podería acabar distinguindo esta aldea está organizado pola empresa líder de vendas na Península de experiencias e escapadas con encanto. Para Susana, o mero feito de que o conxunto figure entre os finalistas xa é todo un premio.
Susana Sanz, xerente da Casona de Labrada: "É un gran apoio a todo o traballo que hai detrás, tanto das persoas que colaboraron na recuperación da aldea como do equipo que temos para xestionar as casas ou levar o restaurante".
Actualmente, hai seis persoas empregadas neste complexo mariñao. Tamén na Mariña, en Barreiros, outro edificio histórico restaurado, Araucaria House, opta ao mesmo premio que esta aldea.